Portada Novas Os ecoloxistas xulgados por presuntas coaccións aos traballadores da canceira quedan absoltos
Os ecoloxistas xulgados por presuntas coaccións aos traballadores da canceira quedan absoltos
Escrito por Montse Valencia   
Martes, 27 Outubro 2009 12:56

mortos_recentes_portada

 

 

O 19 de outubro Amigos da Terra, Adega e Matar por matar, non! foron citados a declarar ao xulgado de O Carballiño por presuntas coaccións aos traballadores da canceira municipal.

 

O marzo pasado, membros destes tres grupos ecoloxistas visitaron a canceira coñecida como “A Medela”. Unha vez accederon de forma pacífica ao recinto e obtendo o consentimento de quen se atopaba alí traballando de ver as gaiolas dos cans, puideron recoller probas da existencia dunha fosa soterrada e chea de cadáveres de cans.

 

Foto: fosa cans mortos. A Medela. 3 de marzo de 2009

Mortos_recentes_marzo

 

Unha vez postos en coñecemento os feitos presenciados ao SEPRONA da Garda Civil de O Carballiño, membros deste Corpo se personaron para verificar ditos feitos. Días despois, interpuxeron catro denuncias por irregularidades administrativas e unha denuncia ante o xulgado de O Carballiño por indicios de delito ambiental tipificado no Código Penal.

 

Amigos da Terra pola súa parte, personouse na causa e na actualidade fai un seguemento da mesma á espera de que a xuíza de Instrucción estime a existencia dos feitos, dos que se aportaron numerosas probas, e dea apertura ao xuízo oral co que o expediente instruído elevaríase ao xulgado do Penal de Ourense.

 

Namentres, o Colexio de Avogados de Ourense concedeu avogado de oficio á asociación para que realice todos aqueles trámites en via xudicial que doutra forma deberan ser abonados co que non se podería facer fronte aos mesmos.

 

A sentenza declara a libre absolución dos ecoloxistas e recolle a renuncia do denunciante a condenar aos denunciados xa que, para empezar, “a él no lo insultaron y que no estaba presente” o día dos presuntos feitos.

 

O recoñecemento xudicial da falta de coaccións por parte de Amigos da Terra, Adega e Matar por matar, non!, corrobora as declaracións dos ecoloxistas que sempre manifestaron a inexistencia dalgún tipo de altercado cos traballadores da canceira e declararon que a denuncia pola fosa cos cans mortos responde a unha obriga non só moral senón tamén laboral, xa que o noso traballo e a protección do medio ambiente como ben xurídico colectivo.

 

 
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.