Portada Novas As feridas do Courel polas explotacións mineiras, persisten
As feridas do Courel polas explotacións mineiras, persisten
Escrito por Montse Valencia   
Mércores, 28 Outubro 2009 10:41

vaca

O pasado 15 de outubro, membros da Comisión Europea (CE) en Bruxelas, reuníronse en Madrid cos representantes das principais organizacións ecoloxistas estatais. Baixo un absoluto secretismo, se celebrou unha xornada na que se trataron temas do Plan Estratéxico de Infraestruturas e Transportes, das Tablas de Daimiel, instando a recuperar o humidal ou da Praia da Motilla, xa que a Comisión Europea urxiu a España a frear a contaminación desta praia valenciana.

 

Amigos da Terra propuxo preguntar á Comisión pola explotación mineira a ceo aberto La Campa en Courel-Ancares (Lugo) xa que en marzo do presente ano, o eurodiputado Willy Meyer pediu explicaciónss á CE sobre como pensaba frear o impacto das minas na sostenibilidade do entorno natural de Lugo por graves incumprimentos ambientais.

 

Fonte: Amigos da Terra. O Courel. 12 de outubro de 2009

courel

 

A CE investiga a legalidade ambiental das minas de lousa do Courel (LIC Ancares-Courel) . Existe desde o 2007 autorización do Consello da Xunta pero non existe licenza municipal, por exemplo, explotando dende os anos setenta, sen embargo.

 

Asegúrase tamén a modificación do mapa de Rede Natura no 2004 para "legalizar" parte da explotación cercana ao río Lor.

 

Fonte: SOS Courel. Río Lor. 2006

rilor

 

Desde entón esperamos as conclusións da investigación que a CE realiza na zona desde o 2005 e que explique cal é a situación das canteiras e a súa repercusión sobre o medio ambiente e a saúde dos traballadores.

 

 

 

 
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.