Portada Novas A RADA apoia á avogada ambientalista que denunciou abusos ambientais na súa cidade
A RADA apoia á avogada ambientalista que denunciou abusos ambientais na súa cidade
Escrito por Montse Valencia   
Xoves, 19 Novembro 2009 08:56

ruido2

 

A Rede de Avogados para a Defensa Ambiental (RADA), da que forma parte a asesora xurídica de Amigos da Terra, emite un comunicado de apoio á avogada ambientalista, Inmaculada Gálvez, que denunciou os abusos ambientais reiterados baseados no ruido continuo de obras na súa cidade. O xuíz condenou a 6 meses de prisión á avogada por defender un medio ambiente saúdable.

 

Inmaculada, tras estar sufrindo dentro da súa oficina durante horas o ruido insoportable dunhas obras que se desenvolvían no Museo Revello de Touro nas que se utilizaba unha e outra vez unha radial sen ningún sistema de apantallamento, baixou a pedir unha tregua; ante a resposta displicente dos obreiros, sentou no lugar da obra, nunha actitude de resistencia pasiva ante a violencia ambiental de que era obxecto. Os operarios chamaron á policía, que a desaloxaron violentamente e levárona detida á Comisaría.

 

Agora un Xulgado condenouna a seis meses de prisión por resistencia á autoridade e lesións a un policía (un dos actuantes lesionouse levemente nunha boneca ao desprazar á detida, sentada nunha cadeira).

 

Os letrados membros de RADA manifestan que unha vez máis se persegue a quen protesta polos abusos ambientais, neste caso a emisión dun ruído insoportable, castigando a quen se rebela en lugar de sufrir en silencio o abuso de que é obxecto. Non só iso, senón que ademais considérase que a lesión que sufriu na man o policía que a desaloxou violentamente, facendo un uso excesivo da forza, constitúe unha falta de quen sofre a violencia, e non de quen resulta lesionado por actuar con excesivo ímpeto. E defenden que hai que acabar coa práctica de perseguir aos cidadáns que protestan pacíficamente polos abusos que sofren, sobre todo no campo ambiental, e comezar a castigar a quen non respectan a normativa ambiental.

 

Deixa a tú aopinión en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 

 

 
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.