Portada NOVAS Un xuíz inglés solicita que desapareza a condena en costas nos casos ambientais para cumplir Aarhus
Un xuíz inglés solicita que desapareza a condena en costas nos casos ambientais para cumplir Aarhus
Escrito por Montse Valencia   
Mércores, 24 Marzo 2010 11:30
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

xustiza

 

Fai uns meses, viu a luz unha Sentenza do Tribunal Supremo español que confirmaba a condena en costas imposta a dúas asociacións ecoloxistas que denunciaron e sostiveron a acusación contra quen entendían que podían ser causantes da probada contaminación dun río.

 

Os membros destas asociacións actuaron movidos polo interese común de procurar para todos - incluso para quen contaminan - un medio habitable, sostible e respectuoso co medio ambiente. As costas ascendían a máis de 30.000 euros.

 

En relación a este caso, como a outros en que se impón o pagamento de costas a asociacións ecoloxistas que en moitas ocasións teñen que desistir de continuar o proceso ante a imposibilidade do pagamento das mesmas, en Reino Unido levouse a debate precisamente esta situación, co fin de que a devandita imposición se elimine e así, poder exercitar o acceso á xustiza medioambiental que promove o Convenio de Aarhus.

 

A presión sobre o goberno británico para que tome medidas con respecto ao acceso á xustiza medioambiental, vai en aumento tras a revisión das costas nos procedementos civís. Un xuíz considerou que esta sería a forma máis simple e obvia para cumprir as obrigas impostas polo Convenio de Aarhus.

 

O Convenio establece que o acceso á xustiza medioambiental non debería ser prohibitivamente caro. Diversos grupos de activistas argumentaron que o Reino Unido infrinxe o Convenio xa que actualmente, tanto as persoas individuais, como as organizacións se ven obrigados a desistir de interpor casos debido ao risco de ter que pagar miles de libras en concepto de costas, se perden.

 

Phil Michaels, responsable legal de Amigos da Terra - England, está de acordo coas recomendacións do informe, pero considera que as recomendacións do xuíz son menos claras con respecto a se un litigante podería coñecer anticipadamente o alcance das súas posibles costas no caso de que perdese. Isto é a miúdo crucial á hora decidir se continuar cun caso ou non.

 

O Goberno non está de acordo e argumenta que os Xulgados poden tomar medidas para asegurar que as costas sexan proporcionadas. En concreto os xuíces poden aplicar unha Ordenanza de protección de Costas que permite reducir as costas do demandante no caso de que perda. Porén, esta raramente se aplica. Das 4 grande ONG, tan só Amigos da Terra – England conseguiu se lle aplique esta Ordenanza de Redución de Costas e tan só nunha ocasión.

 

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.