Portada NOVAS O Valedor do Pobo publica o Informe do 2009 que analiza as queixas cidadáns contra a administración
O Valedor do Pobo publica o Informe do 2009 que analiza as queixas cidadáns contra a administración
Escrito por Montse Valencia   
Mércores, 07 Abril 2010 09:06
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

valedor_do_pobo

O Valedor do Pobo presentou o Informe correspondente ao 2009 o pasado 15 de marzo. O Valedor é o alto comisionado do Parlamento galego para a defensa dos dereitos e liberdades constitucionais dos cidadáns. Con este fin, o Valedor do Pobo supervisará, de oficio ou a instancia de parte a través dunha queixa, a actividade da administración galega e dos seus entes e empresas públicas ou dependentes.

 

Amigos da Terra ao longo do ano 2009, se dirixiu a esta institución en temas relacionados coa imposibilidade da obtención de información ambiental previamente requirida ás administracións. Dun lado, a información ambiental que o concello de O Carballiño non facilitou en relación ás presuntas inspeccións realizadas nos últimos anos na canceira municipal, información que finalmente o concello transmitiu ao Valedor.

 

Doutro lado, dirixímonos tamén para solicitar a información correspondente ao emprazamento de cultivos experimentais de organismos modificados xeneticamente ou transxénicos, que as distintas Consellerías competentes non quixeron proporcionar. Neste senso, o propio Valedor tívose que dirixir ao seu homólogo estatal para que llas solicitara ao Ministerio de Medio Ambiente, aínda que entendemos que esta non é a única administración con competencias na materia.

 

En relación ao propio Informe e na área correspondente ao medio ambiente, o estudo do Valedor fai referencia case exclusivamente a problemas ocasionados pola contaminación acústica en relación ás zonas contaminadas pola concentración de ruído. Neste senso, o Valedor, de oficio, dirixe unhas recomendacións a certas administracións locais.

 

Igualmente, o Informe recolle a problemática que deriva da xestión das augas continentais no tocante a verteduras e depuradoras. Fai especial fincapé na EDAR de Vigo sobre a cal presentou unha queixa de oficio ante a negativa reiterada do concello de dar resposta, o que foi amonestado polo Valedor en vista a que dita negativa, podía constituir un delito do Código Penal.

 

En relación a este apartado fai ademais mención da transgresión que dende as administracións se fai do Convenio de Aarhus, xa que sinala que son comúns os atrasos á hora de responder ás solicitudes de información ambiental en poder da administración.

 

Se precisa saber como e cando presentar unha queixa ante o Valedor do Pobo, consulte www.valedordopobo.com

 

 

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.