Portada NOVAS Publícase a Memoria da Fiscalía de Medio Ambiente e Urbanismo 2009
Publícase a Memoria da Fiscalía de Medio Ambiente e Urbanismo 2009
Escrito por Montse Valencia   
Venres, 11 Xuño 2010 07:31
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

lei

 

A Fiscalía Coordinadora de Medio Ambiente e Urbanismo ven de publicar a Memoria na que avalía os procedementos abertos en materia penal sobre medio ambiente durante o 2009. Amigos da Terra resalta o traballo deste órgano para a protección xudicial do contorno.

 

Son 126 fiscais de todo o Estado os que integran a especialidade de Medio Ambiente e Urbanismo. O seu traballo compleméntase coa necesaria invetigación e recollida de probas de axentes forestais, axentes medioambientais e membros do Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil, quen aportan datos ás dilixencias de investigación incoadas polo Ministerio Fiscal.

 

Neste senso é tamén salientable o traballo das organizacións ecoloxistas. Amigos da Terra, durante o ano pasado, dirixiu á Fiscalía de Ourense, diverso material sobre as reiteradas verteduras ao río Barbaña dende o termo municipal de San Cibrao das Viñas ata a confluencia do río co Miño ao seu paso pola cidade ourensá.

 

barbanha_08

 

Así mesmo, traspasouse a información que a asociación posuía sobre a desecación do río Sil, denunciada o pasado 7 de xullo e realizada pola empresa Iberdrola a raíz das obras de ampliación da central hidroeléctrica Santo Estevo.

 

riosil2

 

A Fiscalía Coordinadora segue demandando medios humanos para levar a cabo serias investigacións xa que, en moitos casos, a falta de probas periciais, repercuten no arquivo ou caducidade das dilixencias. Tamén, alegan a limitación que posúen pola prescrición das dilixencias en 6 meses, tempo no cal deben trasladar o investigado ao xuíz competente ou ben, arquivar o expediente.

 

En canto ás dilixencias de investigación incoadas durante o ano 2009 na Comunidade autónoma galega, o número ascendeu a un total de 199, nas que se inclúen dilixencias sobre medio ambiente, ordenación do territorio e urbanismo, patrimonio histórico, flora e fauna, incendios forestais e malos tratos a animais.

 

En canto aos procedementos xudiciais abertos en Galicia o pasado ano, alcazaron a cifra de 898, sendo de 652 os correspondentes procedementos abertos en materia de incendios, os máis numerosos de todo o Estado. Deses procedementos abertos, 23 levaron a sentencias absolutorias e 69 a sentenzas condenatorias, cifra que choca coas 351 sentenzas condenatorias acontecidas en Andalucía, por exemplo.

 

En xeral, houbo 82 sentenzas condenatorias máis, respecto ao ano anterior o que leva á seguinte cuestión: aumentaron o número de delitos ambientais ou a xustiza foi máis efectiva?

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.