| Amigos da Terra presenta suxerencias ao Plan do Patrimonio Natural e da Biodiversidade |
| Escrito por Montse Valencia |
| Mércores, 09 Marzo 2011 19:02 |
A Lei 42/2007 do Patrimonio Natural e da Biodiversidade regula o Plan Estratéxico Estatal do Patrimonio Natural e da Biodiversidade. Este Plan Estratéxico é o principal instrumento para a planificación da acción da Administración Xeral do Estado na materia e ten por obxecto promover a conservación, o uso sustentable e no seu caso, a restauración do patrimonio, os recursos naturais terrestres e mariños e da biodiversidade e xeodiversidade.
Ante este contexto, é necesario que todos aqueles axentes implicados na protección e conservación do medio ambiente en xeral, e da biodiversidade en particular, promovan un cambio nas propostas administrativas respecto ao contido do Plan.
Amigos da Terra, xunto con outros colectivos ecoloxistas e políticos, presentaron suxerenciasPEPNB_MARM.doc ao Plan respecto ao tratamento que no mesmo se lle da ás montañas, sobre os coñecementos dos parques eólicos, en canto á conservación e restauración de concas hidrográficas e finalmente sobre o turismo de natureza.
Este periodo de envio de suxerencias debera ir seguido da apertura oficial de información ao público para que, nunha instancia superior ás suxerencias, se poidan facer alegacións ao borrador do Plan. Así é como se efectúa na práctica a necesidade de dar cobertura legal á participación da cidadanía tal e como a lei Aarhus, establece no seu articulado. |



