Portada NOVAS A tradición dos verquidos ao río Barbaña
A tradición dos verquidos ao río Barbaña
Escrito por Angel Dorrio   
Mércores, 18 Xaneiro 2012 21:25
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

vert200

 

Unha vez máis o río Barbaña sufriu un novo verquido, e vemos como xa é unha tradición volvendo a estar contaminado como consecuencia da mala xestión da depuradora do concello de San Cibrao, sen que este tome as medidas oportunas para evitar estes feitos reiterativos e previr as graves consecuencias dos mesmos.

 

 

Temos que sinalar que dende a Confederación Hidrográfica Miño-Sil xa manifestou anteriormente a "reiteración da conduta antixurídica pola entidade local do Concello de San Cibrao", sendo este sancionado en múltiples ocasións dende os anos 2006 á actualidade polo incumprimento das autorizacións de verquidos.

 

Así, lembramos a ultima sanción imposta ao concello de San Cibrao das Viñas, con máis de 114.000 euros polos verquidos realizados ao rio Barbaña en marzo de 2010, e aínda queda pendente unha resolución sancionadora moito máis grave dos verquidos producidos en xuño de 2009 que causaron a morte piscícola de 17.000 especies e danos á flora de ribeira.

 

Dende Amigos da Terra esiximos a recuperación ambiental do Barbaña e tamén demandamos a aplicación de outro tipo de sancións denominadas funcionais, como a revocación de autorizacións ou o peche de instalacións alén da publicación dos datos empresariais daquelas empresas que danan ao medio ambiente.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Comentarios  

 
0 #3 Antón 23/01/2012 22:14
Declaracións literais do conselleiro Hernández hoxe:"el nuevo sistema puede significar una optimización del funcionamiento de la depuradora que trata residuos urbanos e industriales, y puede repercutir en una minimización del impacto de esos vertidos en el medio ambiente y en el río Barbaña y en el Miño". Ou sexa, pode significar, minimizar... Vaiamos deixando preparada a denuncia para o seguinte verquido.
Citar
 
 
0 #2 Ernesto 19/01/2012 14:39
E no concello de San Cibrao das Viñas onde orixinanse todolos verquidos unha e outra vez sin que os deste concello de San Cibrao das Viñas, digan de que industria do poligono proveñen eso si despois de pasar pola depuradora EDAR de San Cibrao das Viñas. E para sinalar partidos PP.
Citar
 
 
0 #1 Antón 19/01/2012 13:32
Verquidos reiterados, denunciados, condeados e novamente reiterados. Quen contamina paga... ou cobra?. E despois a clase política se sorprende da pouca confianza que á cidadanía ten nas institucións. Con estes exemplos municipais...
Citar
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.