Portada NOVAS Un vertedeiro tóxico ilegal ameaza a salubridade do Rio Barbaña e os solos de San Cibrao das Viñas
Un vertedeiro tóxico ilegal ameaza a salubridade do Rio Barbaña e os solos de San Cibrao das Viñas
Escrito por Angel Dorrio   
Mércores, 08 Febreiro 2012 21:20
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

vertedoiro_quimico_sancibrao_copy

Toneladas de ferralla, deterxentes, plásticos, bidóns de pintura, entre outros residuos tóxicos, foron desenterradas a finais de xaneiro nas inmediacións da nave da empresa Industrias Químicas Gallegas S. A., en San Cibrao das Viñas; nunha investigación aínda aberta na que participaron axentes da garda civil, persoal da Consellería de Medio Ambiente e a Confederación Hidrográfica Miño Sil.

 

Tralas reiteradas denuncias feitas por Amigos da Terra sobre verquidos ao río Barbaña e a proliferación de vertedoiros ilegais (nin autorizados nin controlados), non nos sorprendente descubrir este tipo de "bombas tóxicas" agochadas baixo o solo.

 

Non obstante, non deixamos de escandalizarnos ante a intolerable e desastrosa situación que se evidencia; que non é outra que unha total falta de respecto polo medio, un grave descoñecemento sobre as repercusión que estas situacións poden provocar, e o descontrol na vixilancia das obrigas sobre o tratamento dos residuos máis contaminantes (control que, se cabe, debera ser máis exhaustivo no entorno dos polígonos industriais e empresas potencialmente xeradoras deste tipo de sustancias).

 

Ante os vertidos tóxicos no concello de San Cibrao, Amigos da Terra solicita o cumprimento da lexislación ambiental. En relación aos vertidos tóxicos da empresa Industrias Químicas Gallegas producidos no Concello de San Cibrao, dende Amigos da Terra, alegando a necesidade de aplicar a lei que promove o principio "Quen contamina, paga", solicita a aplicación de normas máis restritivas coa defensa do medio ambiente, como o regulado na Lei de responsabilidade medioambiental, que contempla no seu artigo 3 o pago de sancións económica e a reparación do dano ambiental por conta dos causantes dos feitos.

 

Ase mesmo, reclamamos que se comprobe se a empresa conta coa licenza de actividade e coas autorizacións preceptivas como a autorización ambiental integrada a cal vai conter información que asegure que a actividade executada na nave produce uns valores de emisión ou de contaminación compatibles co respecto ao medio ambiente e á saúde das persoas.

 

Amigos da Terra procederá a tramitar denuncia desta situación, e solicitar unha investigación en profundidade sobre a xestión dos residuos tóxicos de todo o sector.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Comentarios  

 
-1 #2 Xose Lois 09/02/2012 16:22
Unha industria química non pode ter licenza de actividade, cando está nun polígono comercial.
Citar
 
 
-1 #1 Analía 09/02/2012 12:07
A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental confirmou esta mesma mañá a Amigos da Terra, que foron levantadas 3 actas relativas ao verquido, e o proceso sancionador foi iniciado.
Toda a información pertinente foi remitida á Fiscalía da Audiencia provincial de Ourense, quen xa ten abertas dilixencias de investigación penal.
Citar
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.