Portada NOVAS
Novas da Asesoría Xuridica
O Colexio de Avogados de Ourense recoñece a xustiza gratuíta a Amigos da Terra
Escrito por Montse Valencia   
Venres, 31 Xullo 2009 07:48

 

fosa_cansmortos_portadaCo recoñecemento deste dereito de asistencia xurídica gratuíta, desígnase avogado de oficio á entidade ecoloxista que levará o caso da canceira de O Carballiño nos xulgados.

 

En marzo deste ano, Amigos da Terra tramitou denuncia ante o Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil de O Carballiño e ante o Xulgado da mesma localidade, para pór no coñecemento de ambos órganos a existencia dunha gran fosa chea de cadáveres de cans pertencentes á canceira de “A Medela”, recubertos con cal e cuias mortes aínda están por esclarecer.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
O valor xurídico das Alegacións
Escrito por Montse Valencia   
Martes, 23 Xuño 2009 09:47
As alegacións son un dos poucos instrumentos a disposición da cidadanía para expór os seus argumentos sobre decisións públicas que poden afectar ao medio ambiente.
Segundo Amigos da Terra, cando o cidadán presenta as súas alegacións, está exercitando o dereito a participar no trámite de información pública. As alegacións son presentadas nun periodo de tempo fixado que soe ser de trinta días e todo aquelo presentado fora do mesmo, non será tido en conta.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Amigos da Terra avalía a Memoria da Fiscalía de Medio Ambiente e Urbanismo
Escrito por Montse Valencia   
Venres, 12 Xuño 2009 08:56
 
 
Con esta Memoria 2008, a Fiscalía pretende ofrecer unha visión das novidades producidas dentro da especialidade de Medio ambiente e Urbanismo que compete ao Ministerio Fiscal. Alude á limitación de medios e de persoal que tiña a Fiscalía, coa repercusión negativa que iso conlevaba na realización do seu traballo. Namentres que na actualidade, isto solvéntase en aras á mellorar a actividade protectora do medio ambiente.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
A Comisión Europea investiga o efectivo cumprimento do Convenio Aarhus en España
Escrito por Montse Valencia   
Xoves, 11 Xuño 2009 08:57
O cumprimento do contido do Convenio por parte das administracións, foi sempre motivo de crítica por parte de Amigos da Terra que considera que existe un reiterado desleixe por parte dos gobernos para deixar sen efecto os dereitos que, tanto a cidadáns como ONGs ambientalistas, lles son recoñecidos pola norma internacional de Aarhus.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Publícase o Informe anual 2008 do Valedor do Pobo
Escrito por Montse Valencia   
Mércores, 10 Xuño 2009 08:36
O Informe anual do Valedor do Pobo recolle todos aqueles aspectos que son reflexo das queixas enviadas pola cidadanía galega, non só no tocante aos aspectos sociais, senón tamén a nivel ambiental.
Amigos da Terra dirixiu durante o 2008 diferentes queixas a esta institución baseadas na falta da obtención de información ambiental, principalmente, que debía proporcionar o goberno galego.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

Páxina 10 de 14
Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.