|
Escrito por Montse Valencia
|
|
Luns, 18 Maio 2009 16:03 |
|
Esta participación do público en proxectos, plans ou programas que teñan unha repercusión directa ou indirecta no medio ambiente, conforma o segundo dos pilares do Convenio de Aarhus, que ten a súa versión europea na Directiva 2003/35/CE e a súa trasposición ao ordenamento xurídico español a través da Lei 27/2006, do 18 de xullo.
|
|
Escrito por Montse Valencia
|
|
Martes, 21 Abril 2009 12:48 |
 O 17 de abril saiu a información pública o borrador da ordenanza reguladora da canceira municipal e do servizo de recollida, transporte e custodia de cans e outros animais domésticos no concello do Carballiño. O prazo para a presentación de alegacións remata o 23 de maio e estas deben enviarse ao concello carballinés que deberá estudialas e incorporalas ao borrador se o estima conveniente. En todo caso, todos aqueles que presenten alegacións, deben recibir contestación por parte desta administración local. |
|
Escrito por Montse Valencia
|
|
Luns, 30 Marzo 2009 08:55 |
|
A Comisión Europea ten a facultade de enviar unha “carta de emprazamento” ao Estado español por permitir as explotacións louseiras de O Courel contravindo normas comunitarias de medio ambiente, isto é, a Directiva 92/43/CEE, relativa á conservación de hábitats naturais e a Directiva 79/409/CEE, relativa á conservación das aves silvestres.
|
|
Escrito por Montse Valencia
|
|
Mércores, 25 Marzo 2009 16:52 |
|
Mañá xoves 26 de marzo, votarase no pleno do Parlamento Europeo o Informe redactado pola eurodiputada verde danesa Margrete Auken sobre o "frenesí urbanizador" en España. O informe é tremendamente crítico co urbanismo masivo e a especulación inmobiliaria que están a esquilmar o medio ambiente .
Última hora: votos a favor do Informe, 349 (fronte a 110 en contra e 114 abstencións). Queda aprobado definitivamente, o Informe Auken.
|