Portada Proxectos A Aposta por frear o Cambio Climático
A Aposta por frear o Cambio Climático
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

A ApostaA Aposta por frear o Cambio Climático en Europa, España e Galicia.
A Aposta é unha campaña de educación ambiental que se desenvolveu xa en vinte países europeos. A primeira Aposta fíxose en Alemaña en 1998 dirixida á mocidade a través de BUNDjugend. Mozos e mozas foron quen de aforraren 10 millóns de Kg de CO2 en tan só un ano escolar. A raíz do éxito da iniciativa, realizáronse novas edicións da Aposta. Así, acadouse a marca de apostantes, chegando até 50.000 participantes na campaña europea do 2001. A Aposta en España comezou a fraguar coma consecuencia dunha xuntanza de mozos europeos celebrada en París en xullo de 2000.  Despois da experiencia coordinada a nivel estatal, Amigos da Terra en Galicia comeza a traballar de xeito continuo desde o 2001, grazas á colaboración do voluntariado tanto local como europeo.

Pensa Globalmente, Actúa Localmente é o motor desta campaña. O proxecto baséase na aprendizaxe de conceptos e actitudes o­nde analízase a realidade, búscanse respostas e propóñense solucións acadar o obxectivo de redución das emisións, empregando a pedagoxía do compromiso, promovendo que se asuma a responsabilidade e a interiorización das cuestións plantexadas, cambiando así o comportamento por "si mesmos" identificándose cos valores que constitúen a base do proxecto: responsabilidade, participación e cooperación.  A Aposta por frear o Cambio Climático motiva ás actitudes positivas cara o medio ambiente, favorecendo o intercambio de experiencias e a interacción entre os diversos actores sociais para a busca de solucións.

 

OBXECTIVOS

Obxectivos Pedagóxicos

  1. Informar e sensibilizar sobre o fenómeno do Cambio Climático
  2. Promover aptitudes e actitudes de aforro tras coñeceren e asumiren as consecuencias reais do seu consumo diario. Poremos en práctica o tan repetido principio de actuar individualmente para mellorar globalmente.
  3. Fomentar a capacidade de compromiso en cada participante nunha actividade conxunta na que a colaboración de todos será indispensabel e trasladar esa responsabilidade a outras actividades e esferas da vida.
  4. Impulsar o traballo en equipo e máis o sentimento de cooperación internacional cara un obxectivo común a toda Europa.

Obxectivos de Repercusión Social

  1. Fomentar o asociacionismo como medio para a construcción duna nova sociedade, onde a cooperación sexa un recurso para o progreso.
  2. Obter unha importante incidencia nos medios de comunicación e unha participación que axuden a divulgar a problemática do cambio climático a nivel local.

Obxectivos Ambientais

  1. Conseguir uns efectos directos e medíbeis no medio ambiente co desenvolvemento de accións por parte dos participantes. Concretamente, trátase de reducir nunha porcentaxe consensuada as emisións de CO2.

 

DESTINATARIOS

Unidades de Convivencia Doméstica

O cambio climático é unha realidade evidente na nosa propia contorna. Está demostrado que a súa principal causa é o uso desmedido e irresponsable do petróleo, do carbón e do gas natural que utilizamos para producir, movernos, quentarnos e xerar electricidade.

Ao realizar xestos tan cotiáns como acender a luz, usar o frigorífico, cociñar ou graduar a calefacción, consumimos enerxía. O consumo doméstico supón o 17% do total de enerxía consumida en España. No estado español cada familia emite unha media de 1,3 Tn de CO21 no seu fogar e unhas 3 Tn2 no coche.

Consumir menos non significa vivir peor. Podemos seguir mantendo os mesmos niveis de benestar sen consumir tanto. Participando no programa conseguiremos un uso máis sostible e solidario dos recursos colectivos e un descenso na factura enerxética.

Centros Educativos

O proxecto de A Aposta baséase na aprendizaxe de conceptos e actitudes onde se analiza a realidade, búscanse respostas e propóñense solucións ao problema do Cambio Climático.

Sendo conscientes do poder dos nenos, a campaña intenta implicar aos diferentes axentes (directiva, responsables de limpeza e cociña, profesores, alumnado, conserxería...) que participan no centro na súa posta en marcha e na búsqueda de solucións para acadar o obxectivo de reducción das emisións.

A Aposta por frear o Cambio Climático motiva aos participantes premiando as actitudes positivas cara o medio ambiente e aqueles apostantes que non cumpran co seu compromiso de reducción terán que asumir algunha actividade compensatoria.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
área de Cambio Climático
Plataforma por un Nuevo Modelo Energético
Coalición Clima

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.