|
Nicaragua é o segundo país máis pobre de Latinoamerica por iso a axuda ao desenvolvemento e moi importante para contribuír á erradicación da pobreza e a mellora das condicións de vida das comunidades menos favorecidas. A presenza de Amigos da Terra en Nicaragua remontase fai vinte anos, nesta ocasión o traballo desenvolverase na Illa de Ometepe situada dentro do Lago de Nicaragua, a experiencia de traballo na Illa comeza desde o 2004 onde vimos desenvolvendo modelos comunitarios de turismo, apoiando procesos de produción sostible, incidindo no ordenamento do sector pesqueiro, incrementando a educación ambiental da poboación estudantil local, realizando actividades de recuperación de ecosistemas degradados, etc. Esta experiencia previa, e as alianzas locais, son a base para a construción desta nova proposta que a Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Cooperación Exterior apoiaran para os próximos dous anos.
|