Portada Proxectos Amigos da Terra segue a traballar no fortalecemento dos grupos de pescadores artesanais en Nicaragua
Amigos da Terra segue a traballar no fortalecemento dos grupos de pescadores artesanais en Nicaragua
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

                                                                                                                                                           

Nicaragua é o segundo país máis pobre de Latinoamerica por iso a axuda ao desenvolvemento e moi importante para contribuír á erradicación da pobreza e a mellora das condicións de vida das comunidades menos favorecidas.

A presenza de Amigos da Terra en Nicaragua remontase fai vinte anos, nesta ocasión o traballo desenvolverase na Illa de Ometepe situada dentro do Lago de Nicaragua, a experiencia de traballo na Illa comeza desde o 2004 onde vimos desenvolvendo modelos comunitarios de turismo, apoiando procesos de produción sostible, incidindo no ordenamento do sector pesqueiro, incrementando a educación ambiental da poboación estudantil local, realizando actividades de recuperación de ecosistemas degradados, etc. Esta experiencia previa, e as alianzas locais, son a base para a construción desta nova proposta que a Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Cooperación Exterior apoiaran para os próximos dous anos.

Co proxecto "Fortalecemento de grupos organizados para a pesca artesanal e a conservación dos Recursos Naturais da Illa de Ometepe"  pretendemos dotar á administración pesqueira nicaraguana dos medios, ferramentas e expertos necesarios para a conservación dos recursos pesqueiros do país que leven ao melloramiento do nivel de vida de todos os actores involucrados no sector. Con este proxecto executáranse accións de gran importancia para o desenvolvemento pesqueiro do lago de Nicaragua, nunha primeira fase xa se integrou o fortalecemento e delimitación das competencias das institucións, o que  permitirá un manexo dos recursos de pesca do lago, de xeito que se contribúa ao aproveitamento sostible dos recursos pesqueiros. No proceso realizaranse estudos importantes sobre a biodiversidade no lago, caracterización da pesca no Lago de Nicaragua, plan de ordenamento da actividade pesqueira na costa oriental do lago de Nicaragua e apoio técnico e loxístico a unidades ambientais das municipalidades para a legalización de pescadores. Doutra banda a realización dunha avaliación da situación da muller nas comunidades permitirá nesta ocasión unha participación mais activa nos procesos de pesca.

O proxecto se desenvolverá en colaboración coa Fundación entre Volcanes e a Federación nicaraguana de pescadores artesanais (FENICPESCA) e beneficiarará a 782 persoas das cales un 48% son mulleres.

Ademais hai que destacar que a Illa de Ometepe con só 276 km2 e unha poboación de 28,210 habitantes, conta cunha biodiversidade única no mundo, tamén a nivel cultural polos diferentes grupos indíxenas que converxeron na zona a presenza de restos arqueolóxicos e moi representativa, asemesmo hai que destacar que a illa esta composta por dous volcáns dos cales un esta en activo, por estas características é evidente o potencial turístico que posúe a Illa.

 

 

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Cooperación Amigos da Terra

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.