Portada VIDEOS
Videos de Amigos da Terra
Campaña ACT NOW! de Friends of the Earth

 

Amigos da Terra cre que o noso goberno debería facer máis para frear o cambio climático. Sen accións urxentes, secas, inundacións e climas extremos formarán parte do noso día a día e afectarán a persoas arredor de todo o mundo.

Para ampliar información visita a Campaña S.O.S. Clima de Amigos da Terra.

 
Campaña S.O.S. CLIMA de Amigos da Terra

 

Amigos da Terra cre que o noso goberno debería facer máis para frear o cambio climático. Sen accións urxentes, secas, inundacións e climas extremos formarán parte do noso día a día e afectarán a persoas arredor de todo o mundo.

Para ampliar información visita a Campaña S.O.S. Clima de Amigos da Terra.

 
Os bares de O Barco gastarán menos agua

 

A Aposta é unha campaña de educación ambiental que se desenvolveu xa en vinte países europeos. A primeira Aposta fíxose en Alemaña en 1998 dirixida á mocidade a través de BUNDjugend. Mozos e mozas foron quen de aforraren 10 millóns de Kg de CO2 en tan só un ano escolar. A raíz do éxito da iniciativa, realizáronse novas edicións da Aposta. Así, acadouse a marca de apostantes, chegando até 50.000 participantes na campaña europea do 2001.

Para ampliar información visita o Proxecto A Aposta de Amigos da Terra.

 
Apagón contra o Cambio Climático

 

O día 15 Novembro, de 20 ás 20:05 horas, Amigos da Terra convócate a un APAGÓN XERAL, na túa casa, no teu lugar de traballo, na biblioteca, ou alí o­nde te atopes.

Este apagón xurde das distintas organizacións ecoloxistas presentes no estado, facéndoo coincidir na semana do 12 ao 16 de Novembro na que terá lugar a presentación en Valencia do informe de síntese correspondente ao 4º Informe de Avaliación do IPCC.

O motivo que nos leva a facer este apagón é a urxencia de actuar fronte ao Cambio Climático, facendo unha chamada ás empresas xeradoras de enerxía así como aos políticos e consumidores, sobre a necesidade de tomar medidas e actuar coherentemente para reducir as emisións de CO2 e así non superar os 2ºC que porían en perigo a vida tal e como a entendemos na actualidade..

Para ampliar información podes visitar a convocatoria feita desde Amigos da Terra.

 


Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.