Adobe Flash Player not installed or older than 7.0.14!
O día 15 Novembro, de 20 ás 20:05 horas, Amigos da Terra convócate a un APAGÓN XERAL, na túa casa, no teu lugar de traballo, na biblioteca, ou alí onde te atopes.
Este apagón xurde das distintas organizacións ecoloxistas presentes no estado, facéndoo coincidir na semana do 12 ao 16 de Novembro na que terá lugar a presentación en Valencia do informe de síntese correspondente ao 4º Informe de Avaliación do IPCC.
O motivo que nos leva a facer este apagón é a urxencia de actuar fronte ao Cambio Climático, facendo unha chamada ás empresas xeradoras de enerxía así como aos políticos e consumidores, sobre a necesidade de tomar medidas e actuar coherentemente para reducir as emisións de CO2 e así non superar os 2ºC que porían en perigo a vida tal e como a entendemos na actualidade..
Amigos da Terra - Teléfono e Fax [+34] 988 374318 - Rúa do Progreso, 91. Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense. Aviso Legal. Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.
Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.