| Os bares de O Barco gastarán menos agua |
|
A Aposta é unha campaña de educación ambiental que se desenvolveu xa en vinte países europeos. A primeira Aposta fíxose en Alemaña en 1998 dirixida á mocidade a través de BUNDjugend. Mozos e mozas foron quen de aforraren 10 millóns de Kg de CO2 en tan só un ano escolar. A raíz do éxito da iniciativa, realizáronse novas edicións da Aposta. Así, acadouse a marca de apostantes, chegando até 50.000 participantes na campaña europea do 2001. Para ampliar información visita o Proxecto A Aposta de Amigos da Terra. |















