Portada Voluntariado Europeo
Voluntariado Europeo
Servizo Voluntario Europeo

Que é?

O Servizo Voluntario Europeo (SVE) é unha iniciativa da Unión Europea que ofrece a posibilidade de participar nun proxecto de voluntariado durante un período de seis meses a un ano. Os mozos e mozas poden colaborar nunha entidade de calquera país da Unión Europea.
Que fai o voluntario?

O SVE permite participar nun proxecto desenvolvido por unha asociación, unha entidade local ou calquera o­nG, que se encargue de organizar a estancia do voluntario, planificar seu traballo e formación, e facilitar a integración do voluntario no país.
Cales son as temáticas dos proxectos?

Pódese participar en proxectos de temáticas moi diversas:
  • Protección do medioambiente
  • Integración social
  • Conservación do patrimonio
  • Desenvolvemento de actividades para mozos
  • Culturais
  • Deportivos
  • ...
Cantos cartos costa?

0 euros. A Unión Europea financia o 100% dos gastos: aloxamento, manutención, formación lingüística, seguro e ademais proporcionan un diñeiro de peto para o voluntario.
Como e cando facelo?

Para realizar o SVE necesítase unha entidade de envío, que facilita os tramites administrativos, e busca proxectos nunha entidade de acollida.

Prazos:

Son moi flexibles, ao longo do ano hai 5 prazos para presentar as solicitudes: 1 de Febreiro, 1 de Abril, 1 de Xuño, 1 de Setembro e 1 de novembro. Dependendo de cando se queira participar e realizar o voluntariado presentase a solicitude, hai que ter en conta que se precisan de 4 a 5 meses posteriores as datas de presentación das solicitudes.

Quen pode participar?

Mozos e mozas de 18 a 25 anos, residentes na Unión Europea. Non se necesita ter unha formación cualificada ou especifica, nin coñecementos do idioma, só ten que ser capaz de comunicarse e ter ganas de aprender.


Desde a asociación Amigos da Terra queremos animar a todos os mozos e mozas que queiran participar no programa SVE - Servizo Voluntario Europeo a que non desaproveiten esta oportunidade.


Se queres máis información ponte en contacto connosco.
 
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.