Portada Voluntariado Local
Voluntariado Local
En Amigos da Terra, ao igual que noutras entidades sen ánimo de lucro, existe un antes e un despois logo de ocorrer o caso do Prestige. Ben é certo que non todos os cidadáns comezaron a súa primeira acción voluntaria con esta catástrofe, senón que xa con anterioridade empregaban o seu tempo de modo voluntario nalgunha asociación ou entidade sen ánimo de lucro.

Vivimos nun mundo a 2 velocidades:

E así, atopámonos con que os avances tecnolóxicos e o desenvolvemento económico van por un lado, mentres que polo outro lado, vai o discernimento moral, as respostas políticas e a reacción cidadá, que, polo xeral, van a un ritmo máis lento.

Atopámonos ante un mundo entre plural e uniformado. As aparencias enganan. Pensamos que todo o mundo é igual, pero en realidade hai moitas diferenzas e realidades moi distintas.
Isto, que supón para a acción voluntaria, para o voluntariado?

Todos os retos para o voluntariado nos levan á necesidade de comprometernos na sociedade. Este compromiso susténtase na participación como ferramenta imprescindible do voluntariado.
Hoxe en día contamos en Amigos da Terra cun nutrido grupo de voluntari@s que, dun modo altruísta, poñen parte do seu tempo a disposición da Asociación.

Son rapaces e rapazas que teñen diversas motivacións á hora de facer unha acción voluntaria na Asociación: interese polo medio ambiente, gañas de coñecer xente cun denominador común: o respecto ó ambiente, de propor novas ideas, de formarse no eido da ecoloxía,...
E así, existen distintas áreas nas que participar como voluntari@ en Amigos da Terra:
  • Comité en Defensa do Monte Galego - Amigos da Terra, xunto con outras asociacións, forman dito Comité pola defensa dos nosos montes. Xestión sostible do monte e evitación de incendios. Implantación dos CFS.
  • Residuos - lévanse a cabo reunións con certa periodicidade. Minimización de residuos e implantación das RRR: reutilización/redución/reciclaxe.
  • As Corcerizas - Centro de educación ambiental pioneiro no uso das enerxías renovables para o seu autoconsumo e no eido da bioconstrución.
  • Educación ambiental no Colexio de Mende - Trátase de concienciar e sensibilizar ambientalmente ós máis pequenos.
  • A Aposta - Colexios ourensáns intentarán reducir a súa emisión de dióxido de carbono a través dun programa ofertado e asesorado por Amigos da Terra.
  • Ecovixías - Saídas por rutas (sendeirismo ou bicicleta) na busca de infraccións ambientais: delitos e faltas ecolóxicas que derivarán na elaboración da correspondente acción xudicial ante a Administración competente.
  • Recursos, Información e Servizos de Amigos da Terra:

    • Denuncias - área xurídica
    • Información xurídica - área xurídica
    • Información ambiental - buscar información ambiental.
E, por outra banda, tamén se pode ser voluntari@ virtual, é dicir, non é necesaria a presenza física da persoa para colaborar coa Asociación senón que vía e-mail pódense levar a cabo proxectos ou actividades relacionados coa entidade.
A participación do voluntariado se desenvolve no horario laboral do que dispón a Asociación: polas mañás de 9:30 a 14:30h; e, polas tardes, de 16:30 a 20:30h. E tamén nas fins de semana para subir ao centro As Corcerizas, para facer Ecovixías ou ben para celebrar algún día destacado no calendario ambiental como o Día da Terra, o Día do Medio Ambiente, o Día dos dereitos do consumidor,...


A formación requerida é: dispor de tempo e gañas de colaborar con Amigos da Terra.

Amigos da Terra forma parte do Programa de Acción Voluntaria da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Xunta de Galiza.
En definitiva, traballamos polo fomento do voluntariado coma unha ferramenta fundamental de apoio á Asociación e para promover o cambio social mediante a sensibilización e concienciación da cidadanía.

Actívate e colabora!!!!
 
Voluntariado Local
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.