O vindeiro domingo 21 de setembro en Negreira, localidade moi cercana a Santiago de Compostela, vaise levar a cabo a execución de 4 vaquillas baixo a denominación de festexo popular.

Amigos da Terra, dentro da Plataforma Galicia, mellor sen touradas, vai emprender diferentes accións que amosen o rexeitamento público contra este tipo de festas sanguinolentas.

O concello de Negreira actúa de patrocinar dun evento do que se van solicitar os correspondentes permisos dende a asociación. Hai que ter en conta que este tipo de espectáculos están amparados baixo a lexislación de protección de animais de Galicia de 1993 sempre e cando sexan tradicionais ou consuetudinarios.

A non existencia desta premisa convirte o espectáculo nun presunto delito por maltrato animal do Código Penal que pode carrexar penas de prisión. Doutro lado, a falta da tenencia das preceptivas licenzas administrativas (para a celebración de espectáculos públicos, crotáis, documentación veterinaria, praza de touros autorizada,…) suporán unha infracción administrativa que acarreará multas que poden ascender aos 3000 euros.

Ademais, de solicitar diferente documentación que aclare a situación de legalidade do espectáculo, convócase a todos aqueles interesados en amosar o seu rexeitamente a este tipo de festexos o propio día 21 de setembro en Negreira ás 16.30.

A Plataforma Galicia, mellor sen touradas integrada polos diferentes colectivos ecoloxistas e de defensa dos animais, convocan unha mobilización de protesta par este día.

Para elo, estase a organizar o transporte dende diferentes vilas galegas, dirección: Negreira; obxectivo: mostrar o rexeitamento que todos os galegos e galegas temos contra a crueldade que se infunde sen necesidade algunha aos animais e dicir publicamente que non se permitirán máis espectáculos deste tipo, ilegais, inmorais e crueis baixo o amparo da administración e da financiación pública.