Desde a Coordinadora Galega de ONGD e dentro da “Campaña Pobreza Cero” se organiza a Semana contra a pobreza que se celebrará nos días do 13 ao 18 de outubro en diferentes cidades de Galicia. En Ourense as organizacións que coordinaran os actos son Amarante, Amigos da Terra, Por un mundo máis xusto, Solidariedade Internacional  e Verdegaia.

 A campaña Pobreza Cero ten como obxectivo implicar a todos os sectores da sociais para loitar contra a pobreza, dun xeito urxente, definitivo e eficaz. No ano 2000, 189 xefes de estado e de goberno asinaron os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM). Pasaron xa seis anos e os líderes políticos seguen incumprindo súas promesas. Por iso facemos un chamamento á sociedade para que se movilice, actúe e presione aos líderes políticos e esixa, como primeiro paso na erradicación da pobreza o cumprimiento dos ODM.

A loita contra apobreza e o chamamento este ano ten máis sentido que nunca en vista da Crise Alimentaria presente xa en decenas de países e que trae consigo un retroceso nalgúns avances conseguidos cara a consecución dos Obxectivos de desenvolvemento do Milenio en 2015. Aos 854 millóns de persoas xa afectados pola fame poderian unirse máis de 200 millóns , un motivo mas que sobrado para que de novo en todos os países salgamos á rúa para esixir unanimemente á clase política unha resposta contundente, urxente e eficaz, máis aínda tras a decepción da cume da FAO de xuño e a inacción da reunión  do G-8 de xullo.

Nesta Ocasión os Obxectivos da movilización centranse en:

1.Concienciar á cidadanía da situación de pobreza grave e evitable na que viven preto de mil millóns de persoas así como facer ver que, ENTRE TODOS e TODAS, pódese reverter con relativa facilidade.

2.Pór de relevo a idea de que todos e CADA UN SOMOS AXENTES DE CAMBIO, que a responsabilidade de transformar as cousas non recae só nun grupo de mandatarios senón en cada cidadán/a que pode modificar a realidade informándose e informando á súa contorna, esixindo responsabilidades, coidando o seu consumo, etc.

3.Mobilizar ao maior número de organizacións e persoas
posibles como mostra do interese da sociedade española por atallar a crise alimentaria e, en xeral, avanzar no cumprimento dos ODM. Esperamos poder contar con máis xente este ano, superando as 53 cidades que se mobilizaron en 2007 coa realización de máis de 350 actividades, como mostra de que esta campaña é multiplicadora de sensibilidades.

ACTIVIDADES PREVISTAS:

Mércores 15 de outubro:

10h Charla “MODELOS DE DESENVOLVEMENTO TURÍSTICO E EXPERIENCIAS PRÁCTICAS APLICADAS DENDE A COOPERACIÓN” Demetrio de Carvalho, Representante de Amigos da Terra Timor Leste e premio Goldman. Salón de graos da Facultade de Empresariais e Turismo. Colabora Asociación Luso-Galega de Antropoloxía Aplicada (ALGA)

12h Día Mundial da Alimentación Acción Reivindicativa contra os Agrocombustibles “Antes comestibles que combustibles, concentración fronte a subdelegación de goberno entrega de informes por rexistro as Consellerías de Medio ambiente e Medio Rural

Xoves 16 de outubro:

17h – 20h Mesa informativa, recollida de sinaturas e exposición de paneis sobre comercio xusto, na Rúa do Paseo   

Venres 17 de outubro:

11h – 14h  e de 17h – 20h Mesa Informativa, recollida de sinaturas e exposición de paneis sobre comercio xusto na Rúa do Paseo

20h  Concentración e lectura do Manifesto

Sábado 18 de outubro

Todas estas actividades pecharanse cun acto central en Galicia que terá lugar en Vigo, o sábado 18, a partir das 12.30 h. A manifestación comezará o seu percorrido na Praza da Independencia e rematará na Praza da Constitución.

A organización pide aos asistentes que leven posta roupa branca, xa que a banda branca de pobreza cero identifica esta campaña.

Rebéleta contra a pobreza: É presiso pasar das promesas aos feitos na Erradicación da Pobreza