A cidadanía apoia a prohibición das bolsas de plástico enviando a súa sinatura á Ministra de Medio Ambiente

Xa son mais de 2000 as sinaturas recollidas ata o momento por parte da cidadanía en favor da eliminación das bolsas de plástico. Esta campaña, de recollida de sinaturas contra as bolsas de plástico dun so uso, enmárcase dentro dun proxecto máis amplo levado a cabo pola área de residuos de Amigos da Terra, no que se realizan diferentes accións para promover e lograr a redución de residuos no noso país. Os residuos non biodegradables, como as bolsas de plástico, representan unha ameaza para a nosa contorna, e os cidadáns e máis en particular o goberno deben responsabilizarse da súa redución asegurando un medio ambiente saudable.

 

As bolsas de plástico terminan converténdose nun grave perigo para o medio ambiente. A súa vida útil é moi breve, uns 15 minutos, e a súa reutilización non é ningunha solución, xa que son moi fráxiles e acaban por romper de inmediato. Ademais, só se recicla un 10 % do total de plásticos e ao chegar aos vertedoiros, e non tratarse dun material biodegradable, as bolsas permanecen na natureza ata a súa descomposición, logo de 500 anos.

Amigos da Terra
busca con esta campaña mobilizar á cidadanía e presionar aos líderes políticos para que se aprobe unha lei que regule a produción e distribución de bolsas de plástico.

Moitos países xa tomaron medidas para evitar o malgasto e a contaminación ocasionada polas bolsas de plástico en mares, ríos, bosques e cidades de todo o planeta. Francia, Irlanda, Bangladesh e China son algúns dos países que predican co exemplo, implantando a solución que consideran máis adecuada para evitar as bolsas de plástico.

As bolsas de tea ou os carriños da compra son as mellores solucións para substituír o plástico, con todo, as bolsas biodegradables máis que solucionar o problema, dan lugar a outro. Usar e tirar parece ser o novo modelo de vida asumido polas empresas e pola maior parte da poboación. Isto non é compatible cunha vida respectuosa co medio ambiente e coas persoas que o conforman. As bolsas biodegradables fomentarían os monocultivos e utilizarían alimentos de consumo humano na fabricación de bolsas que, ademais, non estarían preparadas para a súa reutilización.


Desde Amigos da Terra anímase a toda a poboación a involucrarse na campaña deixando de usar bolsas de plástico. A nosa sociedade necesita unha conciencia medio ambiental que lle posibilite responsabilizarse das súas accións para mellorar a vida de todos os cidadáns.


Se queres apoiarnos coa túa firma,
pincha aquí. Xuntos/as podemos acabar coas bolsas de plástico!


¡Pide ao noso goberno a prohibición das bolsas de plástico!