Á crecente preocupación dos veciños por todas as decisións administrativas que se están a tomar para a parroquia de Redondela, esto é, tren de alta velocidade (AVE) que xa está na actualidade a surtir as primeiras consecuencias negativas, pois xa o tren rexional é un vestixio do pasado, súmase a autovia A-57 e agora, o polígono industrial. Asi, a vila redondelá quedará aillada por asfalto, cemento e ferro.

Amigos da Terra está a manter os primeiros contactos e as primeiras reunións cos veciños que xa crearon unha Plataforma PolígonoNON! que serve como medio de canle entre todos eles e como medio para mostrar publicamente o rexeitamento unánime ao proxecto.

A ordenación do territorio, segundo algunhas administracións galegas, vai supór a destrucción ambiental de varias hectáreas de masa forestal e monte veciñal.

Sumado ao despropósito ambiental dos concellos de Redondela e Mos, está a presenza do factor social. Son moitos os afectados e os contrarios á construción deste polígono industrial de 16 has.

E é que, ademais da falta de información que teñen os veciños sobre o tipo de actividade industrial que se pretende levar a cabo no polígono, súmanse as consecuencias ambientais da construción do mesmo. Non so durante o funcionamento das actividades que nel se desenvolvan, senon durante a fase de construción e levantamento do polígono.

Durante esta fase, ademais de destruírse hábitats e perder biodiversidade, engádense a contaminación atmosférica polo po xerado durante a construción, a contaminación acústica por ruídos, a perda de masas de auga e o preceptivo levantamento dun sistema de depuración de augas residuais, cousa que non sempre se leva a cabo. E todo elo, a escasos metros de distancia das vivendas.

Por un lado, dende as administracións tratan de fomentar a salvagarda do rural, do monte e das actividades tradicionais, por outro, autorizan construcións que derivan nunha situación irreversible e, en moitas ocasións, caótica xa que non hai un paralelismo sustentable entre os factores sociais, ambientais e económicos, senon que algún destes factores acábase sometendo ao máis forte que, normalmente, soe ser o económico en detrimento da pervivencia do entorno e da poboación.