Amigos da Terra denuncia ante o Servizo de Protección da Natureza, ante a Dirección Xeral de Conservación da Natureza e ante o propio concello carballinés, a situación na que se atopan as instalacións municipais da protectora de O Carballiño que alberga a 300 cans.

Actualmente, os máis de 300 cans que ten a protectora “A Medela”, atópanse en condicións precarias de salubridade e alimentación. Deste xeito, á carencia de auga potable e de rede eléctrica que chegue ás instalacións, súmase a falta de servizo veterinario, non cubrindo, polo tanto, as necesidades básicas marcadas pola lei.

A lexislación das Comunidades Autónomas deixa en mans do xestor municipal e das súas correspondentes ordenanzas, o control último do cumplimento por razóns de cercanía física ao animal a protexer, de seguridade dos consumidores e da hixiene das poboacións. Nembargante, o concello de O Carballiño carece de ordenanza municipal que regule dito establecemento deixando ao arbitrio da administración autonómica o bo funcionamento das instalacións. A pesar desta previsión, a crecente proliferación de condutas prohibidas neste tipo de establecementos e a presunta falta de medios das administracións públicas para levar a cabo unha vixianza e inspección axeitadas, fronte a condutas de malos tratos dentro das protectoras, deixa ante unha total inseguridade e desamparo aos animais.

Fonte: Amigos da Terra. Novembro 2008

Fonte: Amigos da Terra. Caseta “financiada” pola Deputación de Ourense

Fonte: Amigos da Terra. Casetas cans

Fonte: Amigos da Terra. Can ferido

A vixente lei de protección de animais que regula este tipo de establecementos en Galicia, recolle como infracción grave o non mantér os establecementos segundo a regulamentación establecida. A competencia para sancionar estas condutas corresponde ao Director Xeral de Conservación da Natureza, ao cal se lle remitiu unha das tres denuncias formuladas por Amigos da Terra nas que se solicita que se leven a cabo as medidas axeitadas e se regularice unha situación cuxas únicas vítimas son os 300 cans.

Fonte: Amigos da Terra. Alimento para 300 cans

Fonte: La Región 02/12/2008. Opinións…

Amigos da Terra celebra o Día Internacional dos Dereitos dos Animais

O 10 de decembro conmemórase o Día Internacional dos Dereitos dos Animais no cal se quere facer lembrar a toda a poboación a importancia de respecto e convivencia con outro seres vivos vítimas da manipulación do ser humano.

O próximo mércores día 10 pola tarde na rúa do Paseo en Ourense, Amigos da Terra fará unha Xornada Informativa e procederase á entrega das follas asinadas por numerosos cidadáns que solicitan ao concello de Ourense que declare “Ourense, cidade amiga dos animais”. Unha iniciativa promovida por varias asociacións ecoloxistas e que se leva a cabo en varios municipios galegos. Tamén, o sábado 13 ás 18 horas, a asociación proxectará o documental “Animal” na Casa da Xuventude, co obxectivo de crear debate sobre as polémicas corridas de toros e a presunta tradicionalidade que esta festa defende. A entrada será de balde.