Amigos da Terra xa denunciara esta situación alegando a necesidade de aplicar a lei que promove o principio “Quen contamina, paga”, en base ao cal as sancións por contaminación grave debido á ausencia de adopción das medidas preventivas ou de evitación apropiadas, recollidas na lei de responsabilidade ambiental, poden ascender á imposición de multas de ata 2.000.000 de euros.

Entrevista ao empresario acusado de contaminar o río Lagares “Os produtos, aínda sendo químicos, non contaminan, so crean escuma”, declarou. (Fonte: Faro de Vigo)

Case seis meses despois dos acontecementos que levaron á contaminación do río Lagares e da praia de Samil por vertidos procedentes dunha empresa de químicos, a cal so tiña licenza municipal de almacenaxe dos produtos e non de fabricación, a Xunta procede á apertura dun expediente sancionador que ascende ao pago dunha multa de 1,7 millóns de euros por danos ambientais . Estes danos provocaron a contaminación das augas do río Lagares dende a zona de Cabral ata a súa desembocadura na praia de Samil. A situación, que foi de máxima alarma, provocou a morte de peixes e de aves e xerou alarma social pola posta en perigo da saúde das persoas por contaminación do ar por emisións á atmósfera provocadas polo incendio e por contaminación ás augas, procedentes do vertido.

Nembargante, a orixe da grave situación aínda está en proceso de investigación pericial encomendada polo Xulgado de Instrucción número 5.

Amigos da Terra ten claras as responsabilidades. Dunha parte, unha administración local pouco dilixente pola ausencia de inspeccións aos polígonos industriais do municipio e, doutra, a falta do cumprimento de toda normativa por parte das empresas.

Nos últimos anos, véñense pronunciando numerosas sentencias sobre o delito ecolóxico do Código Penal español. A doctrina xurisprudencial más recente, di que o tipo penal do delito ecolóxico debe configurarse como delito de perigo hipotético o que significa que, o so feito de pór en perigo grave o medio ambiente e pór en risco a saúde das persoas, é motivo suficiente para a cualificación de delito ecolóxico, o que conleva á imposición de penas de prisión de seis meses a catro anos (artigo 325 CP).

A falta de cumprimento das normas e a aceptación da posibilidade de causar un dano ao medio ambiente e á saúde das persoas debera, polo tanto, conlevar a imposición deste tipo de castigos aos titulares da empresa Quimizor. Ademais, existen un tipo de sancións administrativas, ademais das económicas, como son as denominadas “Sancións de contido funcional”, en base ás cales, poderanse revocar as autorizacións á empresa, por falta de cumprimento das condicións e, poderase clausurar a industria ou, neste caso, non autorizar a apertura dunha nova factoria Quimizor, pola gravidade extrema dos feitos provocados.

A difusión do nome da empresa causante da agresión ao medio ambiente e a súa inclusión nunha listaxe de empresas contaminantes, é outra das medidas que se deberan practicar máis en Galicia e que teñen unha dimensión disuasoria á hora de contaminar polo que, mediante esta publicidade, queda en entredito a imaxe corporativa das empresas o que desvirtua a actividade da empresa a efectos bursátiles, por exemplo.

Comunicado Amigos da Terra (12/09/2008) aquí