Esta participación do público en proxectos, plans ou programas que teñan unha repercusión directa ou indirecta no medio ambiente, conforma o segundo dos pilares do Convenio de Aarhus, que ten a súa versión europea na Directiva 2003/35/CE e a súa trasposición ao ordenamento xurídico español a través da Lei 27/2006, do 18 de xullo.

Foto: Río Caldo (Lobios)

O imparable fenómeno da participación pública na toma de decisións ambientais conleva, sen dúbida, grandes vantaxes. A participación vai unida á democracia. Nun Estado social e democrático de dereito so cando a sociedade é escoitada e se lle da a oportunidade de participar, de expresar as súas opinións e velas reflectidas nas decisións ambientais finais, poderemos afirmar que se cumple a efectiva responsabilidade da sociedade na consecución do desenvolvemento sostible.

Amigos da Terra di que co recoñecemento deste dereito a participar a todos os cidadáns, dase tamén cumprimento ao artigo 45 da Constitución Española que proclama o dereito dos cidadáns a disfrutar dun medio ambiente axeitado e o deber de respetalo. Isto supón que todos os cidadáns temos dereito a esixir aos poderes públicos a que adopten as medidas necesarias para facer efectivo este dereito e, en consecuencia,  a participar no proceso da toma de decisións ambientais, xa que, a través desa participación, garantizaremos o dereito e cumplirase tamén co deber de protexer o medio ambiente participando activamente na súa protección.

As Administracións públicas non poden considerar a participación cidadá como un mero requisito formal ou esixencia normativa que actúa como freo e demora aos procedementos administrativos e ás actuacións públicas. Do mesmo modo, a participación dos cidadáns garantiza a aplicación correcta das políticas ambientais e o logro dos resultados desexados.

Os destinatarios e implicados en proxectos tales como a creación dunha zona termal no núcleo do Río Caldo en Lobios (Ourense), deberan ser convidados a participacipar e consensuar tal proxecto, e non so a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o concello do municipio, senon de todos aqueles habitantes da zona e veciños que dalgún xeito se vexan afectados polo proxecto ou aqueles que teñan algo que dicir ou aportar.

Pero a realidade é que para este tipo de reunións, ditos destinatarios nunca son convidados a participar, consensuando de forma unilateral as decisións tan so as institucións interesadas e, faltando, polo tanto, ao regulado no Convenio internacional de Aarhus.

 La Región 04/05/2009:


Representantes de la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil y del Concello de Lobios se reunirán este mes para tratar algunos de los proyectos que ambas instituciones tienen en común en el municipio ourensano, incluida la creación de una zona termal en el núcleo de Río Caldo.


Hace dos o tres años se ejecutaron las obras de protección de las márgenes del río, con depósito tipo piscina para que, en época de crecidas, retenga los cantos rodados. Dicha actuación requirió de una expropiación de terrenos los que sobraron 1.265 metros cuadrados que ahora negociaremos con el Concello para darle un uso’, explica el presidente Francisco Fernández Liñares, quien señala que ‘de momento no hay nada hecho, aunque sí el interés de ambas instituciones para que dicho proyecto pueda materializarse’. El objetivo del Concello de Lobios pasa por construir junto al balneario una zona termal similar a las existentes en Ourense, en colaboración con la Fundación San Rosendo.

Se te sintes afectado ou queres facer aportacións a este proxecto, diríxete ás oficinas da Confederación Hidrográfica Miño-Sil en Ourense ou envia un correo anunciando o teu desexo de participar neste proxecto, Rúa Curros Enríquez, nº 4 – 2º  Tfno: 988 393 002  Fax: 988 242 402 E-mail: contacto@chminosil.es