Recentemente quedou aprobada de forma definitiva con 588 votos a favor e tan so 42 en contra, a norma comunitaria que obrigará aos Estados membros a impór sancións penais para os delitos de contaminación grave procedente de buques.

O pasado mes de febreiro, Amigos da Terra xa anunciara a posibilidade de que a eurocámara finalmente puidese aprobar a norma comunitaria proposta. E, tal e como se adiantaba naquela nova que podes consultar pinchando aquí, o texto contén un articulado cuios obxectivos son os de disuadir aos transportistas marítimos que contaminan e, que os Estados membros fixen penas eficaces e disuasorias.

O principal problema que estas prácticas denominadas bunkering veñen creando ata o de agora, é a amplia contaminación que están a causar no mar e as vagas multas que se están impondo, co cal aos transportistas marítimos lles sae máis rentable pagar a multa por verquidos contaminantes que cumplir a directiva que se creara no ano 2005 e que castigaba a contaminación procedente de ditos buques. As prácticas irresponsables de verquidos incontrolados son unha das prácticas marítimas máis perigosas para a conservación do mar e que converte as zonas marítimas en verdadeiras cloacas.

Os Estados deberán aplicar a normativa a partir de maio de 2010.