A Lei 27/2006, do 18 de xullo de acceso á información ambiental, participación pública e xustiza ambiental, continua sendo amplamente descoñecida polas administracións que se opoñen así, a súa efectiva aplicación. Amigos da Terra edita este Estudo co fin de mantér informada á sociedade e ás ONGs para que exerciten os seus dereitos.


O Estudo pretende asesorar a todas aquelas persoas físicas e asociacións ecoloxistas que queren exercitar calquera dos tres dereitos que a Lei 27/2006, do 18 de xullo, recoñece: o dereito de acceso á información ambiental, o dereito de participación pública e o acceso á xustiza ambiental.

O dereito de acceso á información ambiental ten unha dobre dimensión: por un lado, dereito de buscar e obter a información ambiental que obre en poder das autoridades públicas e por outro, o dereito a recibir a información das autoridades, previamente solicitada e nun prazo non superior  a un mes.

En canto á participación do público na toma de decisión públicas que poidan afectar ao conxunto da sociedade e, polo tanto, ao medio ambiente, o cidadán poderá participar no proceso de toma de decisións expresando as súas opinións e observacións co fin de que sexan tidas en conta pola administración competente. Os procesos nos que poderá participar o cidadán, serán aqueles que correspondan á toma de decisións sobre autorizacións, plans e programas sobre medio ambiente e elaboración de normas con rango legal ou reglamentario.

Finalmente, o acceso á xustiza para impugnar ante os tribunais decisións ambientais, correspóndese co terceiro dos dereitos que recoñece a Lei. Neste punto, inclúe unha peculiaridade que é poder exercitar a acción pública por decisións ambientais que vulneren os dereitos de acceso á información ou participación pública polas ONGs ambientalistas que poderán ademais solicitar, previo cumprimento dos requisitos, a asistencia xurídica gratuíta.

Esta Lei, que ten a súa orixe no Convenio internacional de Aarhus, é practicamente descoñecida polas administracións o que deixa ante unha total inseguridade xurídica a aquel que pretenda facer valer os seus dereitos e ante unha total desprotección ao medio ambiente. É necesario que todos e todas esixamos aos poderes públicos que tomen medidas á hora de poder exercer os dereitos que nos corresponden, sólo desa forma, os mesmos serán reais e efectivos.

O Estudo, redactado por Amigos da Terra, inclúe tamén páxinas de interese e bibliografía para poder consultar e ampliar, en todo caso, a información exposta.

Consulta o Estudo do Convenio de Aarhus pinchando aquí.