agua

Podes consultar o borrador do anteproxecto na páxina web da Consellería de Medio Ambiente. A Consellería informa da posibilidade de facer “suxestións” ao texto durante un periodo de 15 días.

Amigos da Terra estudiará o contido do anteproxecto que contén 88 artigos, divididos en 7 títulos: Disposicións de carácter xeral; Administración hidráulica de Galicia; Abastecemento, saneamento e depuración; Recuperación dos custos dos servizos; Planificación hidrolóxica; Réxime especial das rías galegas e Réxime sancionador.

O texto contempla a creación da Axencia Augas de Galicia, que fusionará o actual Organismo Autónomo Augas de Galicia e a Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos nun único aparato administrativo. Con esta decisión preténdese acadarse unha maior flexibilidade organizativa co obxectivo de evitar duplicidades e lograr unha maior eficacia na administración e xestión hidráulica en Galicia.

Tamén se creará o Consello para o uso sostible da Auga, que será un órgano de participación das distintas entidades públicas e privadas con competencias e intereses vinculados á auga, así coma dos cidadáns de Galicia.

Con todo, un dos principais obxectivos que persegue esta lei é dar cumprimento á Directiva Marco da Auga (DMA) e acadar que todas as augas de que dispón a autonomía galega se adecúen a un bo estado ecolóxico antes do ano 2015, data proposta pola directiva.

Aínda que é unha novidade por parte desta Conselelría respecto da anterior, a publicación dos textos normativos con anterioridade a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), continua a política de erro xa que séguese considerando que a participación pública é a fase de, suxestións, neste caso, ou alegacións (unha vez sexa publicado o texto no DOG).

Pero a participación, lembra Amigos da Terra, é poder facer aportacións antes da publicación do propio anteproxecto de forma presencial e mediante reunións e mesas de traballo, cos axentes implicados na defensa do medio ambiente.

Artigo de Amigos da Terra sobre participación pública e información ao público