lei

O pasado 21 de xullo, grupos ecoloxistas e políticos presentaron ante o Congreso dos Deputados en Madrid unha proposta de lei sobre Fiscalidade Ambiental.

Esta lei ten por obxecto introducir medidas de fiscalidade ambiental no ordenamento estatal. Pretende incluír reformas ambientais en tributos xa existentes e, por outro lado, crear novos tributos que graven certas prácticas ambientalmente prexudiciais. Perséguese gravar en maior medida as actividades máis contaminantes, eliminar beneficios fiscais ambientalmente inxustificables e bonificar as prácticas máis sostibles.


Este tipo de norma xa fóra presentada por gobernos como o de Suecia ou Reino Unido fai máis de 30 anos. Amigos da Terra di sobre a mesma que, aínda que a lei pretende a introducción de medidas reformistas como é o caso de novos impostos, o certo é que moitos deles carecen de fundamento ambiental.

Cómpre diferenciar o que sería pór na práctica unha norma tributaria ambientalmente sostible, co uso dos tributos e incentivos fiscais como ferramenta ao servizo de grupos políticos, xa que o fin dos tributos debe ser o de recaudar ingresos e non substituír as obrigas que se establecen na ampla normativa ambiental que existe na actualidade.

En Galicia, aprobouse a finais do ano pasado a Lei 15/2008, do 19 de decembro, do imposto sobre o dano medioambiental causado por determinados usos e aproveitamentos da auga encorada. Esta lei configura como principio básico do crecemento económico sostible, a conservación do medio ambiente e a utilización racional dos recursos naturais e, principalmente, lle afecta ás seguintes empresas privadas: Unión Fenosa, Endesa e Iberdrola as cales teñen recurrida a norma en base a discriminación que sinten por unha lei que especificamente lles repercute só a elas.

Consulta o texto aquí e deixa a túa opinión: xuridico@amigosdaterra.net