antela_portada

Mañá entrará en vigor o Decreto polo que se declara a zona de especial protección para as aves na Limia. Pese a verse reducido o seu perímetro de protección solventado inicialmente por unha zona periférica de protección, os veciños continuan coa súa protesta pola falta de información que dende os seus inicios sufriu o decreto.

Foto: A antiga Lagoa de Antela

As presas, que nunca foron boas aliadas, nacen xa no ano 2000 cando a Comisión Europea inicia un proceso de infracción contra España por ter declaradas zonas insuficientes de protección das aves. Houbo que esperar case 10 anos para pór freo a este proceso que entrou en via xudicial europea no 2007 e cuia finalidade foi a de crear unha zona de especial protección para as aves, dando cumprimento, por un lado, ao mandato europeo e, doutro, ás leis de patrimonio natural e da biodiversidade e de conservación da natureza.

A falta de información social pola necesidade de resolver cuestións referidas á compatibilidade entre os traballos agrícolas e a zona protexida, foron argucias políticas promovidas pola anterior Consellería de Medio Ambiente e non corrixidas pola nova Consellería do Medio Rural.

Amigos da Terra lamenta a declaración atropelada e tardía da ZEPA de A Limia e que dita declaración non é o resultado das políticas de sensibilización e concienciación promovidas polas institucións políticas ambientais, senón o resultado dunha sentenza europea cuio incumprimento supón o pago dunha sanción.

A Lagoa de Antela e as Tablas de Daimiel

Dende fai unhas semanas estanse argallando métodos de recuperación das Tablas de Daimiel debido á falta de auga que presentan e á problemática derivada da turba que arde no subsolo. Estanse outorgado efectivamente, valores ambientais, económicos e sociais ás zonas húmidas.

Foto: Antiga Lagoa de Antela

antela_antiga

Foto: Actual Lagoa de Antela

antela_actual

O proceso de desecación das Tablas comeza no ano 1956, dous anos antes que a desecación artificial da Lagoa de Antela na Limia. As orixes da seca da primeira non distan moito de ser semellantes ao problema de Antela, decenas de miles de pozos que proliferaron na zona en 40 anos, esquilmaron o inmenso acuífero, ademais do abastecemento e regadío incontrolado para outras localidades.

Por que non se traballa na recuperación da Lagoa de Antela ao igual que se está a facer en Daimiel?

Houbo un intento frustrado da recuperación da Lagoa no ano 2003 por parte da Administración mediante un proceso de reinundación, maila proliferación dos decretos parcelarios afastou a Medio Rural de continuar cunha idea que tiña moitos detractores unha vez máis, por falta de información.