cies

O anteproxecto da lei foi remitido ao Consello de Ministros o pasado mes de outubro para o seu posterior estudo. A Lei de Protección do Medio Marino pretende ser un marco xeral para a planificación de dito medio co fin de lograr un grado de protección ambiental superior para o mesmo, alcanzando o bo estado ecolóxico das augas marinas para o 2020.

A Lei incluirá a Directiva Marco da Unión Europea sobre estratexia marina e unha serie de medidas de protección do medio reguladas por convenios internacionales sobre augas, leito marino e o subsolo situadas máis aló da liña base da costa e ata o límite da zona no que cada Estado exercita os seus dereitos de xurisdicción e completa a lexislación nacional en materia de protección do medio marino.

Crearase, ao mesmo tempo, a Rede de Áreas Marinas Protexidas, para asegurar a conservación e recuperación do patrimonio natural, dos seus espazos naturais e os mecanismos para a súa xestión.

Para Amigos da Terra a aprobación desta Lei supón un avance significativo na recuperación de moitas das áreas emblemáticas de que dispón Galicia como son as Illas Atlánticas. En todo caso, ninguha das normas ditadas polo goberno estatal ou autonómico será suficientemente boa se non existe unha clara vontade política de aplicar o seu articulado.

A análise do devandito texto é que este:

– divide as augas mariñas españolas en rexións e subrexións. Sobre as rexións e subrexións, establécense demarcacións mariñas atendendo ás particularidades hidrolóxicas, oceanográficas e bioxeográficas propias de cada unha.

– establece a obrigatoriedade de aprobar para cada demarcación mariña unha Estratexia sen prexuízo de aprobarse, por parte do Goberno estatal, directrices comúns sobre certos aspectos para garantir a coherencia de todos os instrumentos de planificación do medio mariño.

– establece que a estratexia mariña de cada demarcación consiste na elaboración dunha serie de tarefas consecutivas. Así: avaliación inicial do estado do medio mariño (que inclúa as características naturais, as presións e impactos e unha análise económica e social da utilización do medio mariño e dos custos da súa deterioración, aproveitando as indicacións do anexo II do texto); determinación do bo estado medioambiental (baseada en descritores cualitativos indicados no anexo III do texto); establecemento de obxectivos medioambientais (segundo unha listaxe de características indicadas no anexo IV do texto); establecemento dun programa de seguimento (de acordo coas orientacións establecidas no anexo V) para lograr o bo estado medioambiental.

– inclúe tamén aspectos regulados por convenios internacionais de que España é parte e que aínda non foron incorporados.

– contempla os mecanismos necesarios de cooperación e información ao público.

– no marco do Convenio sobre a Diversidade Biolóxica e a partir da lei estatal 42/2007, de patrimonio natural e da biodiversidade, crea formalmente a rede de áreas mariñas protexidas e establece o seu ámbito, obxectivos así como os mecanismos para a súa designación e xestión.

– regula os mecanismos de acceso aos bens demaniales xenéticos mariños.

– establece normas relativas ás verteduras desde buques e aeronaves ao mar, á incineración no mar e á colocación de materias sobre o fondo mariño, de acordo coas normas convencionais internacionais como o Convenio de Barcelona para a protección do medio mariño e a rexión costeira do mediterráneo, o Convenio OSPAR sobre a protección do medio ambiente mariño do Atlántico nordeste e o Convenio de Londres sobre a prevención da contaminación do mar por vertedura de refugallos e outras materias, coas súas respectivas actualizacións.

Na actualidade hai unha proliferación normativa de protección ambiental considerable, con textos legais ademais, suficientemente bos para pór fin ás agresións e ilícitos ambientais. Pola contra, a realidade arroxa uns datos que informan dun estado alarmante do medio natural: as administracións que evaden as normas, empresas que a sabendas da ilegalidade continuan esquilmando os recursos naturais e xulgados que non adoptan medidas preventivas a tempo ou non fan executar as sentenzas favorables á protección do medio ambiente.