fotogei

O Estudo sobre o réxime xurídico do mercado de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro (GEI) avalía o mercado de emisións como o instrumento mediante o que se crea un incentivo económico que persegue que un conxunto de plantas industriais reduzan colectivamente as súas emisións de gases de efecto invernadoiro á atmosfera. Pero como se articula isto na práctica?

 

 

Partindo dun marco internacional como o Protocolo de Quioto, pasando polas directivas europeas e as leis españolas, a realidade é que o cambio climático constitúe unha das maiores ameazas que enfronta a sociedade actual sen que as institucións emprendan accións contundentes para limitar os riscos e consecuencias sociais, económicas e ambientais. Paradoxicanmente créanse mecanismos como os mercados de emisións que legalizan actividades cuxa repercusión ambiental, económica e social é innegable.

 

O Protocolo de Quioto, que foi o inicio do xurdimento do mercado que buscaba atopar alternativas para a protección do medio ambiente, estableceu uns mecanismos para apoiar o cumprimento dos obxectivos de redución das emisións dos gases de efecto invernadoiro, entre os que se atopaba o comercio de dereitos de emisión que permite o intercambio de unidades (que representan emisións) entre os países con límites ás mesmas.

 

O Estudo elaborado por Amigos da Terra desenvolve unha visión informativa da capacidade que ten o mercado para facer fronte ao cambio climático ata concluir que dito mercado, ao igual que o mecanismo de aplicación conxunta (AC), o mecanismo de desenvolvemento limpo (MDL) e os sumideiros de carbono, que se explican ao longo do Estudo, non son capaces de frear o cambio climático.

 

Consulta o Estudo sobre o réxime xurídico do mercado de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro de Amigos da Terra pinchando aquí ou no frontal da web que estará de maneira permanente