agua

 

Para Amigos da Terra un dos obxectivos a destacar na Directiva Marco da Auga, é que se considera necesario potenciar as actuacións encamiñadas a desenvolver o uso da reutilización de auga rexenerada, dada a importancia potencial que este recurso pode ter na mellor xestión dos recursos hídricos a nivel nacional.

 

O Plan Nacional de Reutilización de Augas (PNRA) xurde pois como unha nova ferramenta de xestión que pretende incrementar a garantía de subministración para os usos máis esixentes e mellorar o estado das augas mediante a substitución en determinados usos de auga prepotable por auga rexenerada. Adicionalmente permitirá aumentar, en zona costeira, a dispoñibilidade neta dos recursos hídricos e a cantidade de usos.

 

O Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño quere promover unha xestión integrada da auga baseándose principalmente na atención sustentable das demandas hídricas, garantindo a dispoñibilidade e a calidade, a protección e rexeneración do medio ambiente hídrico, e a utilización de instrumentos que incentiven o uso eficiente da auga.

 

Tales obxectivos só poden ser definidos mediante unha reflexionada, solidaria, participativa e ambiental planificación da xestión da auga contando con todos os axentes implicados na conservación do medio, contando de xeito prioritario con veciños e contando coas comunidades de regantes, entre outros. So así se alacanzá un texto consensuado e coherente e non un texto resultado dun único posicionamento: o da administración.

 

Consulta o borrador do Plan pinchando aquí