061223_millotranxenico

No mesmo día do lanzamento dun novo estudo sobre a comercialización de transxénicos a escala mundial patrocinado pola industria, un novo informe de Amigos de la Tierra Internacional revela que os cultivos transxénicos en Europa seguen caendo en picado, ao tempo que aumentan o número de países que os prohiben.

O informe “¿Quién se beneficia dos cultivos transxénicos?” demostra que apenas no 0,06% dos campos europeos se cultivan con transxénicos, un descenso do 23% dende 2008. Sete Estados membro da UE prohiben o cultivo do millo transxénico de Monsanto polas cada vez maiores evidencias sobre os seus impactos ambientais e socioeconómicos, así como sobre as súas incertezas na saúde. Tres países prohibiron o cultivo da pataca transxénica de BASF por precaucións sanitarias inmediatamente despois de ser aprobado o seu cultivo na primavera de 2010, e cinco Estados membro levaron á Comisión Europea ante os tribunais pola súa autorización. A oposición pública aos alimentos e cultivos transxénicos incrementouse ata o 61%.

David Sánchez, responsable de agricultura e alimentación de Amigos de la Tierra España afirmou: “Os cultivos transxénicos non teñen ningún futuro en Europa, pola forte oposición social, os seus demostrados impactos ambientais, sociais e económicos, e polos riscos que formulan sobre a saúde. É lamentable que o Goberno español siga sen decatarse e xogue co noso medio, a nosa alimentación e co futuro da nosa agricultura.

A escala global, o novo informe mostra que mesmo os países que máis apostaron polos cultivos transxénicos en América Latina se viron forzados a tomar pasos para mitigar os seus impactos negativos sobre a agricultura, a cidadanía e o medio. Neste sentido, o Goberno brasileiro lanzou un programa de soia libre de transxénicos para facilitar aos agricultores o acceso a sementes de soia non modificadas xeneticamente; en Arxentina, novas evidencias científicas mostran os graves impactos sobre a saúde do herbicida Glifosato, utilizado na inmensa maioría dos cultivos transxénicos a nivel mundial, o que conduciu á prohibición da fumigación preto dos núcleos de poboación, e en Uruguai, cada vez son máis as administracións locais que se declaran libres de transxénicos.

A coordinadora de Soberanía Alimentaria de Amigos de la Tierra Internacional, Kirtana Chandrasekaran engadiu: “Os agricultores e a sociedade latinoamericana sofren as consecuencias de dez anos de cultivos transxénicos con graves implicacións sanitarias e custos crecentes. Os mitos sobre os que se asenta a industria dos transxénicos estanse a derrubar e os estragos causados por toda Sudamérica mostran claramente que esta tecnoloxía non serve. Trátase dunha chamada de atención a nivel global para avanzar cara a unha agricultura máis ambiental e socialmente responsable“.

O informe “¿Quién se  Beneficia de los Cultivos Transgénicos? Unha industria baseada en mitos” demostra á súa vez que:

  • Unha nova xeración de cultivos transxénicos deseñados para promover o uso de perigosos pesticidas como Dicamba e o 2-4 D están listos para a súa liberación en EEUU. As multinacionais biotecnolóxicas estanos a promover como a solución ao fracaso dos transxénicos actuais para controlar as malas herbas e reducir o uso de pesticidas.

  • A industria dos transxénicos, co apoio do Goberno de EEUU, buscan novos mercados en África nun intento de subir a súa cota de negocio. A Fundación Gates, que inviste miles de millóns de dólares en proxectos agrícolas en África comprou accións de Monsanto, manifestando o seu interese directo en maximizar os beneficios da industria dos transxénicos e non en protexer os intereses do pequeno campesiñado africano.