animales_enjaulados

Segundo a concelleira de Medio Ambiente de Vigo, Chus Lago, o informe elaborado pola empresa “Wildvets Veterinarios para a fauna silvestre”, para avaliar a situación na que se atopaban as instalacións do zoo, aínda está pendente de rematar, non obstante, as presuntas conclusións definitivas xa foron presentadas pola Concelleira no ano 2009.

 

 

En decembro do 2009, Chus Lago, presentou en rolda de prensa as conclusións deste Informe, o cal nunca chegou a estar a disposición de Amigos da Terra para ser estudado, pese ás reiteradas veces que foi pedido.

 

Unha das últimas contestacións de Chus Lago respecto ao informe, é que o mesmo “lle foi encargado á Empresa ““Wildvets Veterinarios para a fauna silvestre”,e non procede ao noso xuízo facilitalo xa que trátase dun informe sobre as instatacións do Zoo que se está a utitizar para a súa mellora, que aínda está pendente de rematar. Por isto, non conta coa consideración de información ambiental definida no artígo 2 da Lei 27/2006 de 8 de xullo. Moito menos o é a información que demandan sobre o custo do informe”. A data na que se realizou esta contestación foi a finais de agosto do 2010, oito meses despois da presentación en rolda de prensa das conclusións definitivas do presunto Informe1.

 

En todo caso, Amigos da Terra considera que o Concello non ten competencias para facer eses informe de avaliación, xa que unicamente o pode facer a Xunta de Galicia, polo que todos os informes que faga o zoo non teñen validez oficial algunha. Do mesmo xeito, parécenos incomprensible que se poida encargar un informe sen coñecer o seu coste. Con que base se fan os presupostos de Vigozoo? Con cheques en blanco?.

 

O propósito da concelleira viguesa de dar información errónea ao cidadán, responde á falta de respecto cara á cidadanía e a falta de sensibilidade cara aos animais que están no zoolóxico, posto que segue sen acreditarse oficialmente a aprobación definitiva das instalacións. A responsabilidade dos entes locais está suspensa cando se discrimina ao cidadán, que non só non pode ter acceso á información ambiental, senón que a información que lle traslada é errónea. Par nós, non só é información ambiental o saber como se atopan as instalacións que garanten o benestar dos animais e a seguridade das persoas que visitan o parque, senón que tamén é información ambiental o custo da contratación dos servizos dunha empresa con cartos públicos, polo que non descartamos solicitar que se faga unha auditoría das contas de Vigozoo.

 

Para a asociación ecoloxista, o informe Wildvets levou o mesmo “modus operandi” que a maior parte dos informes presentados pola Concelleira de Medio Ambiente de Vigo. O datos preséntanse en rolda de prensa, pero despois ninguén consegue velos para poder realizar unha análise. O mesmo sucede co Informe sobre a situación ambiental do río Lagares, solicitado por Amigos da Terra o pasado mes de xaneiro, sen que se recibira documentación algunha ata o momento.

 

Notas:

1. http://xornal.vigo.org/xnnoticia.php?noticia=13005)