mortos_recentes_portada

 

O xulgado de Instrucción carballiñés acaba de anunciar que estima o recurso de reforma interposto polos grupos ecoloxistas, entre eles Amigos da Terra, que tramitaran unha denuncia penal por presunto maltrato animal e do medio ambiente contra os feitos acaecidos na canceira municipal fai dous anos.

 

 

En vista da estimación do recurso presentado o pasado mes de xaneiro contra a anterior decisión do xulgado de arquivar a denuncia, o caso xira a favor das pretensións ecoloxistas da práctica dunhas dilixencias de proba que puideran ser relevantes para o esclarecemento da morte dos máis de setenta cans atopados nunha fosa ilegal no recinto municipal da canceira. A ilegalidade da fosa xa fora estimada polo xulgado como infracción sanitaria pero quedou por resolver como morreron os cans atopados na citada fosa.

 

Foto: fosa canceira O Carballiño. Marzo 2009

Mortos_recentes_marzo

 

Amigos da Terra reclamou ante o xulgado a posibilidade de oficiarse á Consellería do Medio Rural para que remitara a copia do expediente aberto na mencionada Consellería de todas as actuacións que se executaron nesta canceira desde o ano 2006 así como o informe emitido pola fundación Rof Codina a instancias de Medio Rural.

 

Ademais, o grupo ecoloxista Matar por matar, Non pediu os documentos e albaranes relativos á recollida de cadáveres da canceira, non so de marzo e xullo do 2009, senon que se inclúan os meses de marzo ata a novembro do mesmo ano.

 

A práctica destas probas ás que non se tiveron acceso ata o de agora poden concluir na obtención de datos significativos para resolver como morreron os cans xa que o escenario dos feitos foi declarado de “ampla crueldade” por moitos grupos ecoloxistas, por grupos defensores dos animais e por cidadáns, para quen o maltrato aos animais debe estar na actualidade duramente criminalizado.

 

A impunidade sobre o maltrato deixará de ser unha opción xa que estará penalizada xudicialmente por sentenzas como a que se espera obtér en O Carballiño. Aquela persoa ou institución que trasgreda as normas de protección animal deberá ser castigada con penas de multa e prisión tal e como se establece no Código Penal. Os feitos da canceira de O Carballiño poderán constar como un exemplo do que nunca se deberá repetir nin nesta canceira nin en ningunha outra institución que tutele e salvagarde aos animais.