ruido

Amigos da Terra denuncia o ruído excesivo da AP-9 nas inmediacións do aeroporto de Vigo. Hoxe celébrase o Día internacional da concienciación sobre o problema do Ruído, unha data para lembrar aos poderes públicos que é necesario adoptar medidas de mitigación do impacto do ruido no medio ambiente e na saúde das persoas, neste caso, no ruído do transporte de estrada.

A organización ecoloxista presentou dúas denuncias aos Ministerios de Fomento e de Medio Ambiente para pedir que se realicen as medicións necesarias no contorno do aeroporto de Vigo, e deste xeito, corroborar a necesidade de colocación de pantallas acústicas anti-ruído que  impidan o dificulten a transmisión de ondas sonoras neste tramo da autovia AP-9.

As denuncias tramitadas por Amigos da Terra, tras a solicitude de varios veciños da zona, inclúen a petición aos Ministerios de Fomento e de Medio Ambiente das medicións necesarias na zona denunciada, para corroborar a necesidade da colocación e emprego de pantallas acústicas anti-ruido que impidan ou dificulten a transmisión das ondas sonoras que se producen na AP-9, nas inmediacións do aeroporto de Vigo.

 

Segundo os veciños da zona, as administracións non lles deron ningún tipo de solución ata o momento. A Lei do Ruído ten como obxectivos previr, vixiar e reducir a contaminación acústica, pero na maioría dos casos os veciños se teñen que agrupar en plataformas ou asociacións para acudir á vía xudicial e resolver un conflito cuxa orixe está na mala previsión das administracións á hora de autorizar infraestruturas e que ten como resultado un grave problema medioambiental e de saúde para as persoas.

A citada Lei, regula a intervención administrativa sobre os emisores acústicos, como as infraestruturas viarias, e neste sentido establecese que deberán adoptarse todas as medidas axeitadas de prevención da contaminación acústica, aplicando tecnoloxías que freen a incidencia acústica no medio. Non obstante, a realidade é ben distinta, os poderes públicos pasan por obviar as normas xurídicas, o que carrexa graves consecuencias ambientais.

Podedes concultar a denuncia ao Mº de Fomento pinchando no enlace ruido_autopista_MFomento.doc