Boedo4_portada

 

Amigos da Terra presenta denuncia ante a Consellería do Medio Rural de Lugo por dous casos que puideran constituír unha perda ecolóxica irreversible e sancionable con multas que poden ascender aos 600 euros.

 

 Visitantes do Castelo de Pambre, no concello de Palas de Rei en Lugo, alvistaron na finca do contorno do Castelo, o arrasado da zona de vexetación, tocóns e raíces de grandes árbores. Calculánse entre 25 e 50 árbores de grandes dimensións e sen interese madereiro -buracos, nudos- que xustifique a súa corta.

 

Fonte: denunciante. Tala zona Castelo de Pambre

talas

Pola súa parte, en Guitiriz existe unha das turbeiras máis importantes de Galicia, a Braña de Boedo sobre a que se está executando unha drenaxe, aumentando as canles de desaugue e cavando outras canles novas. O efecto máis inmediato desta acción é a desaparición de numerosos puntos de auga estancada, moi favorables para a reprodución dos anfibios.

 

Fonte: denunciante. Brañas de Boedo. Maio 2011

 

Boedo3w

 

A gran riqueza e diversidade dos compoñentes dos humidais fan que estes se atopen entre os ecosistemas máis complexos e produtivos constituíndo un valioso patrimonio cultural e natural e xogando un importante papel na conservación da biodiversidade e no desenvolvemento económico.

 

Amigos da Terra solicita a suspensión cautelar dos traballos de drenaxe e tala ata o esclarecemento dos feitos. A protección da paisaxe, protexida cun texto legal regulado a tal efecto, é un dos principios latentes da Administración galega polo que non debera dar luz verde á execución deste tipo de accións negativas para o contorno.

 

A conciencia ambiental, froito da incipiente lexislación, nace baixo o reclamo cidadán que demanda regulamentación, e cada vez máis intervención. A conciencia ambiental fórmase pola conxunción de múltiples factores: a xeración de lexislación – froito da necesidade de dar solución a problemas puntuais -, as derivacións doctrinarias e xurisprudenciais, as imposicións do comercio internacional, e a mesma evolución do home, que procura unha calidade de vida distinta.

 

Con todo a Administración Pública galega non se adapta á velocidade necesaria, aos cambios no seu contorno. É por iso que continúan en Galicia as desfeitas ambientais, irreversibles en moitos casos, pola desaparición dos valores naturais e ecolóxicos.