encinha

A Dirección Xeral de Medio Natural e Política Forestal do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino (MARM), elaborou un borrador de Directrices de conservación da Rede Natura 2000, en cumprimento do artigo 41 da Lei 42/2007, de Patrimonio Natural e da Biodiversidade.

As directrices son os instrumentos de xestión dos espacios naturais da Rede Natura. A participación de todos e todas é fundamental para definir a protección dos espacios naturais en todo o territorio estatal e polo tanto, tamén en Galicia.

A Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia está en vias de someter a información pública o Plan director da Rede Natura galega obviando o trámite obrigatorio de convocar á participación pública activa dos axentes e sectores implicados na conservación dos espacios naturais e da cidadanía en xeral. Tampouco é participación activa a convocatoria do MARM que solicita o envío de suxestións a través dun correo electrónico.

Mentras as administracións non consideren un valor engadido a participación pública activa dando cumprimento á Lei de Aarhus, o medio ambiente seguirá padecendo políticas de xestión e protección erróneas e mesmo ilegais.

Amigos da Terra elaborou un texto para enviar ao MARM ao que vos podedes sumar coas vosas organizacións ou a título individual. Se tedes aportacións para incluir podedes envialas a xuridico@amigosdaterra.net

Para coñecer o contido das Directrices pincha aquí

Data de finalización do periodo de información pública: 23 de maio de 2011

Buzón de correo electrónico para participación: partipacionpublicapatnatural@marm.es