rioeo

 

O actual proceso de planificación iníciase coa aprobación da Directiva Marco da Auga no ano 2000, pola que se establece un marco comunitario de actuación no ámbito da política de augas.

 

 

De acordo con esta Directiva, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, emprazada en Ourense, debe elaborar un novo plan hidrolóxico baixo criterios de sustentabilidade no uso da auga impulsando:

 

  • A xestión integrada e a protección a longo prazo dos recursos hídricos

  • A prevención da deterioración do estado das augas

  • A protección e mellora do medio acuático e redución de contaminación

  • A prevención dos efectos das inundacións e secas

  • A información e participación pública

 

 

Amigos da Terra veu asistindo ás xornadas que sobre caudais ecolóxicos e sobre a participación pública organizou a Confederación Hidrográfica, xornadas que se pecharon o pasado 11 de maio coa participación activa das organizacións ecoloxistas no contido do borrador do Plan Hidrolóxico.

 

Este contido fai referencia aos seguintes puntos:

 

  • Descrición xeral da Demarcación

  • Usos, demandas e presións existentes

  • Prioridades de usos e asignación de recursos

  • Identificación das zonas protexidas recollidas no Plan

  • Programas de control do estado das masas de auga

  • Definición dos obxectivos ambientais e diagnóstico do cumprimento dos devanditos obxectivos

  • Análise económica dos usos de auga e recuperación de custos

  • Plans e programas, incidindo nos plans de control de secas e inundacións

  • Programa de medidas para lograr os obxectivos ambientais previamente definidos

 

Dito borrador está a exposición pública para que calquera de nos poida facer achegas, suxerencias ou alegacións antes do vindeiro 15 de xuño.

 

É o momento de que todas aquelas persoas que non concorden co contido do Plan proposto no borrador, fagan as súas alegacións ou correcións ao mesmo.

 

A información sobre o contido do borrador do Plan Miño-Sil e Limia podes consultalo neste enlace

 

 Podes enviar de xeito gratuíto as túas alegacións mediante o Rexistro dunha administración pública, tal e como establece a Lei 30/92 ou ben envía os teus comentarios a xuridico@amigosdaterra.net