santoestevo

A denuncia sobre o acusado descenso das augas do río Sil acontecido fai uns días, foi posta en coñecemento do servizo xurídico de Amigos da Terra quen deu a voz de alarma á Confederación Hidrográfica Miño-Sil á que lle remitiu un escrito onde relataba os feitos e solicitaba información ambiental do acontecido.

 

 

A situación que se produciu o pasado día 10 de maio na zona da central hidroeléctrica de Santo Estevo, non é illada segundo os denunciantes, por iso é moi importante que os testemuños deste tipo de situacións, alarmantes desde un punto de vista medioambiental, dean traslado da información para solicitar á administración competente que investigue a situación ou ben para que xustifique o por que de dita situación.

 

Fonte: denuncia. Río Sil. 10 de maio

descensoaugasil_110510_w

 

Amigos da Terra solicitou a investigación e posterior comunicación dos resultados ao Organismo de Conca xa que na data mencionada, producíase o descenso do nivel da auga ata catro metros cara á última hora da tarde. Ademais nesta misma data leváronse a cabo unha serie de explosións.

 

Fonte: denuncia. Río Sil. 10 de maio

descensoaugasil_1105102_w

 

O fin deste tipo de comunicacións xurídicas responde á necesidade de preservar o medio ambiente en xeral e neste caso, o río Sil en particular, e que se garanta, tal e como establece o borrador do Plan hidrolóxico Miño-Sil, o “réxime de caudais ecolóxicos” que deben “permitir manter de forma sostible a funcionalidade e estrutura dos ecosistemas acuáticos e dos ecosistemas terrestres asociados, manter a integridade biolóxica dos ecosistemas e contribuir a alcanzar o bo estado ou potencial ecolóxico en ríos e augas de transición. […]”.

 

De momento, as denuncias non foron contestadas aínda que si foi restituído o nivel da auga no río.