xustizaA xornada é gratuita e impartirase das 17.00 ás 20.00 horas do venres 24 de xuño na sede da entidade en Vigo. A data límite para inscribirse é o 22 de xuño.

Todas as persoas temos dereito a disfrutar dun medio ambiente axeitado, un contorno saudable, tamén nas zonas urbanas. Contamos con ferramentas de participación e instrumentos de denuncia, pero a realidade é que nos resulta unha linguaxe complicada e difícil de abordar, xa que moitas veces os termos xurídicos e os textos legais son deliberadamente incomprensibles para a cidadanía para desanimar o seu uso.

Co obxectivo de dar a coñecer os mecanismos que temos á nosa disposición para facer fronte a una agresión ambiental, Amigos da Terra desenvolve unha xornada gratuíta e práctica sobre a participación cidadá na defensa do medio ambiente.

Neste curso, dirixido ao público en xeral, explicaráse de xeito comprensible os distintos ámbitos de aplicación da normativa ambiental e as posibilidades que pon á disposición da cidadanía, desde o ámbito local ata o marco das institucións europeas.

Coa actividade intenta paliarse a situación actual, na que os recursos xurídicos non só so incomprensibles, senón que tampouco se divulgan axeitadamente para desanimar o seu uso. Consecuentememte, Amgios da Terra considera que “difícilmente podemos exercer un dereito si descoñecemos a súa existencia”.

A xornada desenvolverase o vindeiro venres 24 de xuño; dura tres horas, entre as 17.00 e as 20.00; e terá os seguintes contidos:

  • Orixe e concepto do dereito ambiental
  • Denuncia dende a administración local á administración europea
  • Tramitación e entidades ás que dirixirnos
  • Obradoiro práctico

O curso impartirase no local de Amigos da Terra e AGARESO en Vigo (rúa Policarpo Sanz nº 17 1ºD).

A xornada é gratuíta, pero ten prazas limitadas, sendo a data límite de inscrición o 22 de xuño.

Máis información: Instrumentos Legais para a Defensa do Medio