riocasas_portada

A Confederación Hidrográfica do Cantábrico remitiu a Amigos da Terra o proxecto de aproveitamento hidroeléctrico no río Casas no municipio lucense de Cervantes, en Ancares. O proxecto presenta unha proposta privada de aproveitamento hidroeléctrico.

A agresividade que presentan este tipo de proxectos no medio ambiente debe avaliarse non so desde a perpectiva medioambiental, senón tamén desde a social, tantas veces esquecidas unha e outra polas distintas administracións. Amigos da Terra xa contactou cos veciños e veciñas da zona para informarlles da existencia deste proxecto presentado polo Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño ao cal poden facerse observacións ata o vindeiro 8 de xullo.

Foto: río Casas (Cervantes, Lugo)

riocasas

Os propios veciños estanse organizando para difundir a información dun proxecto que de levarse a cabo bloquería a biodiversidade do río Casas na zona de San Tomé. As administracións neste punto deberan executar o seu obrigado papel de informadoras co administrado xa que este tipo de infraestruturas hidráulicas teñen un custo ambiental e social moi alto.

Foto: río Casas (Cervantes, Lugo)

riocasas2

O proxecto implica unha importante infraestrutura: construción dun azude de varios metros de altura, con obra de toma e anuncio dunha escada para peixes; tendido e soterramento de máis de 2 quilómetros de condución de presión de máis de 2 metros de diámetro y 220 metros de tubeira forzada de igual sección; edificio da central, equipos e líñas eléctricas, camiños, etc. A importancia da obra hidráulica e accesoria a executar nunha zona protexida y de recoñecido valor natural e paisaxístico como son as cabeceras do río Navia.

Se estás interesado en coñecer o contido do proxecto envía un correo a xuridico@amigosdaterra.net