vertido_lagares

O Valedor do Pobo recolleu varias queixas en relación ao tratamento do dereito de acceso á información ambiental e á participación cidadá en materia de medio ambiente, tal e como en reiteradas ocasións denunciou Amigos da Terra.

O Informe 2010 do Valedor, recentemente publicado, fai alusión ás moitas das queixas que recibe polos retrasos nas respostas a solicitudes de información ambiental en poder da administración. Non suelen respectarse os prazos establecidos pola citada lei, que prevé unha rápida resposta e entrega. Deberá responder nun mes, facilitarse no formato solicitado ou o máis axeitado, […]”. Alude tamén á falta de resposta ou resolución administrativa das denuncias ambientais, sen que o denunciante chegue nunca a saber se o seu escrito deu lugar á apertura de expediente sancionador en materia ambiental.

O Valedor do Pobo conclúe na necesidade de mellorarse a efectividade do dereito á información e a participación pública, “votando en falta a axilidade na resposta e entrega” ou non convocando a participación pública no Observatorio Galego da Biodiversidade, desde o ano 2008, como outro tipo de órganos consultivos, como o Observatorio galego de Educación Ambiental.

Duranto o pasado ano, a información ambiental solicitada por Amigos da Terra abrangueu diversos temas como os cultivos experimentais de transxénicos, información sobre verteduras a ríos ou informes de avaliacións ambientais de certas instalacións industriais, non obtendo resposta algunha sobre ditas peticións. En canto á participación pública, esta promoveuse parcialmente polas administracións xa que as canles empregadas por aquelas foi a posibilidade única do envío de suxestións mediante correo electrónico ao II informe de Aarhus, ao Catálogo de especies ameazadas ou a construción de minicentrais e aumento de caudais doutras.

Para Amigos da Terra a execución estrita do contido da Lei de Aarhus é unha obrigación das autoridades públicas xa que so así se pode facer efectivo o dereito cidadá de disfrutar dun medio ambiente saudable e o deber de conservalo.

Consulta aquí o Informe 2010 do Valedor do Pobo.