130809_desierto_cambioclimaticoAmigos da Terra sostén que o alcalde de Vigo non propón ninguna medida de aforro e uso eficiente de auga, senón todo o contrario e considera un “atrevemento” o anuncio realizado polo de que demandará á Consellería de Medio Ambiente a construción dun empalme na confluencia dos ríos Verdugo e Oitavén para garantir as necesidades de abastecemento da poboación da cidade.

A asociación ecoloxista considera “especialmente indignante” esta proposta por parte dun alcalde que non só non anuncia nin a máis mínima medida de aforro e/ou uso eficiente de auga, por pequena que sexa, senón todo o contrario e cuestiona a viabilidade medioambiental da proposta realizada. Esixe que se habilite un encoro e se desvíe un río que, ademais, está proposto a ampliación da Rede Natura 2000.

Entre as críticas que Amigos da Terra achaca a Abel Caballero destaca que sigue regando os xardíns a pleno sol, inaugurando fontes suntuarias en cada rotonda, baldeando as rúas incluso chovendo a chuzos… Fai alarde permanente de malgasto de auga.

Ademais, a asociación ecoloxista recalca que a medida proposta polo alcalde vigués e a súa política en materia de xestión de recurso hídricos é máis grave, si cabe se se ten en conta que é o presidente da Rede de Cidades polo Clima. Cando todas as localidades empezan a aplicar medidas de aforro de auga pola tendencia á sequía que está traendo o cambio climático, el lidera o malgasto.

A actitude do alcalde é incoherente e falla de sensibilidade ambiental, cuestiona Amigos da Terra, ao tempo que lembra que os ríos Oitavén e Verdugo están incluídos na nova proposta da Rede Natura 2000 e albergan unha importante riqueza natural debido aos seus bosques de ribeira e augas rápidas de montaña, ademais de xogar un papel importante como corredores ecolóxicos.

Diversas entidades ecoloxistas coinciden en que ámbolos dous ríos  permiten manter a conectividade ecolóxica entre os espazos protexidos da Enseada de San Simón e da Serra do Suído e a alteración dos seus cauces que solicita Abel Caballero á Xunta de Galicia alteraría esta valía.