soberania_alimnetaria_2

Durante a conferencia “Agronegocios e políticas de Fame en África: quen son os verdadeiros beneficiarios? “ que tivo lugar a pasada fin de semana en Durban, Sudáfrica, organizacións de máis de 15 países, analizaron as ameazas da expansión do agronegocio en África.

Neste encontro, Amigos de la Tierra Internacional lanzou dous novos informes relacionados co tema, con estudos de casos sobre agricultura a pequena escala, a loita polo acceso á terra e a protección da biodiversidade. Ademais, un dos informes céntrase por completo no papel das mulleres no Sur rural.

“Mulleres e Soberanía Alimentaria: As voces das mulleres rurais do sur” brinda un panorama xeral da situación das mulleres campesiñas no Sur Global. No documento son abordadas tanto as problemáticas ás que se enfrontan as mulleres, coma as formas de resistencia e de loita que levan a cabo en demanda por soberanía alimentaria. O documento consta de testemuños de mulleres rurais de países de África, América Latina e Asia, nos cales elas argumentan por que é necesario loitar polo acceso á terra, pola conservación das sementes e pola agricultura a pequena escala.

“Pola Terra que nos Alimenta: Experiencias de loita e vitorias para continuar construíndo soberanía alimentaria en diferentes territorios” é un informe de estudos de caso que contén exemplos de comunidades e pequenos agricultores que producen e obteñen os seus alimentos a nivel local de xeito sustentable, en lugar de depender da agricultura a grande escala. Destaca o papel estratéxico que xogan a agricultura campesiña, a agroecologíaurbana e a agricultura familiar na defensa dos territorios e a resistencia ao avance das plantacións de monocultivos. O informe brinda unha análise política da situación actual e mostra o importante que son os campesiños, os pobos indíxenas e os mozos para o melloramento, o uso e a conservación da biodiversidade.

Se ben a conferencia se centrou en África, a discusión acerca da expansión do agronegocio é importante máis alá das fronteiras deste continente. A agricultura industrial a grande escala, baseada nas exportacións é vista como unha solución á fame e a pobreza, pero de feito é unha das causas da actual crise alimentaria. Provoca acaparamento de terra e perda de biodiversidade, ademais das supostas ‘solucións’ como especulación cos prezos dos alimentos e a comercialización de alimentos como mercadorías. Mentres as ganancias das grandes empresas trasnacionales do agronegocio continúan crecendo, cada día hai máis persoas afectadas pola fame e a pobreza.

Mariann Bassey, campañista de Amigos da Terra Nixeria/ Coordinadora da Campaña de Alimentación de Amigos de la Tierra África, destacou que “a actual crise alimentaria e outras crises internacionais exhórtannos a construír e promover solucións á fame e á pobreza verdadeiramente sustentables, baseadas nas persoas. A agricultura a pequena escala desenvolvida polas comunidades locais, por exemplo, é unha solución moito mellor á fame que as plantacións de monocultivos e a especulación co prezo dos alimentos. Esas solucións de mercado, promovidas polos agronegocios, soamente aumentan a fame e a pobreza. En Amigos da Terra Internacional resistimos esas políticas para combater a fame. Reforzan a dependencia do país dos alimentos importados, danan o medio e soamente benefician á xente responsable da crise”.

Amigos de la Tierra Internacional considera que a Soberanía Alimentaria é unha solución dos pobos á fame e a pobreza. É o dereito da xente a alimentos ecolóxica e culturalmente axeitados e suficientemente nutritivos, o dereito a determinar a forma en que se producen e son distribuídos os alimentos e o dereito das comunidades (rurais e campesiñas) a determinar a forma en que producen e consumen os seus alimentos.