os_palleiros

Dende a asociación preguntámonos como é posible que unha obra que xa está aprobada, tan importante para facer fronte aos numerosos abandonos de animais que se producen na nosa provincia, e na que xa se inverteron máis de 60.000 euros do diñeiro de todos e todas, sexa anulada dun día para outro.

Así mesmo, consideramos que a decisión do Concello de Pontevedra de rehabilitar o antiga canceira de O Campañó, é tan só un “parche” nunhas instalacións cuxa reforma xa foi desestimada por problemas no terreo, e preguntámonos que vai pasar coa parcela do novo refuxio e onde ten previsto o Concello meter aos 144 cans que acolle na actualidade a protectora mentres duren as obras de reforma.

Amigos da Terra apoiará as accións que decidan tomar dende a Asociación Protectora de Animais Os Palleiros, os principais prexudicados por esta situación, e lamenta que os máis vulnerables e os que non teñen culpa de nada, sexan os que teñan que pagar a crise e os seus recortes.