40-anos-adtinternacionalFriends of the Earth International, a federación de grupos ambientalistas máis grande do mundo, conmemora o seu 40 aniversario durante este 2011. Ao longo do ano celebraremos xunto aos nosos grupos membro e seguidores, todo o que logramos. O noso aniversario tamén é unha oportunidade de mirar cara aos próximos corenta anos e destacar a urxencia da transformación mundial cara a sociedades ambientalmente sustentables e socialmente xustas.

Friends of the Earth International foi fundada en 1971 en Roslagen, Suecia, por un grupo de ambientalistas de Francia, Suecia, Reino Unido e Estados Unidos, que identificaron a crecente necesidade de que existise unha organización que tratase temas ambientais, que transcenden fronteiras. Corenta anos máis tarde, a federación conta con 76 grupos nacionais e máis de 2 millóns de membros individuais e seguidores en todo o mundo. As nosas posicións e campañas baséanse no noso traballo coas bases e as comunidades. Friends of the Earth International tamén é parte dun movemento mundial e social que abrangue campesiños, pobos indíxenas, traballadores, mulleres e mozos e mozas.

Corenta anos é moito tempo de loita, e as loitas ás veces poden parecer infinitas cando estamos no medio delas, pero o cuadraxésimo aniversario de Friends of the Earth International nos ofrece a marabillosa oportunidade de permanecer quietos por un momento, xunto aos nosos amigos e aliados de todo o mundo, e simplemente reflexionar e mesmo nos marabillar con todo o que nós logramos nas últimas catro décadas.

Informe “40 anos de loitas e éxitos”