ecoaldeas

O Centro de Educación Ambiental As Corcerizas, proxecto pioneiro en Galicia no eido da sustentabilidade e coherencia ambiental, é o lugar elixido pola RIE (Rede Ibérica de Ecoaldeas) para a celebración do seu macroencontro anual. Dende hoxe e ata o vindeiro martes, 300 persoas de todo o estado español compartirán as súas experiencias nun contorno de sostibilidade, autoxestión e exemplo de novos modelos de desenvolvemento.

Neste encontro, compartiremos experiencias e coñecementos que nos axuden a transformar de xeito creativo as nosas vidas e o noso entorno cara novos modelos de convivencia que velen pola sostibilidade, a autoxestión e o respecto por minorías e maiorías.

ecoaldeas_inicio_01


Dividido en catro dimensións (social e comunitaria, ecolóxica, económica e espiritual), realizaranse un total de 28 obradoiros, charlas e experiencias nas que se abordarán aspectos relacionados con elementos sociais e comunitarios, como o activismo social, comunicación no violenta, liderazgo, autoxestión enerxética, decrecemento, bioconstrucción, permacultura, investimentos éticos, cooperativas, etc.

“Queremos volver a encontrarnos no espazo do posible, compartir e comprender o proceso que habemos de realizar como persoas para materializar aquí e agora a opción das ecoaldeas e os proxectos comunitarios”, sinala Analía Moares, responsable de As Corcerizas.

Así mesmo, ademais de momentos de reflexión, intercambio de experiencias e técnicas de autoxestión, haberá espazo para actividades lúdicas que permitan fomentar a creatividade e a convivencia neste encontro de verán: música, videofórums, talleres e bailes, entre outras dinámicas.

Por outra banda, este ano realizaremos no Encontro un mercadiño de troco, no que intercambiaremos os produtos que traia a xente, (CD, DVD, libros, roupa, artesanía, pequenos aparellos, etc.) por puntos, que servirán para intercambiar por outros produtos.

Programa do encontro

Máis información